Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O futuro das caixas

O PSdeG reclama diálogo: "Nin unha entidade, nin as dúas, nin o Goberno só"

"Estamos a falar moitos, pero non estamos a falar entre nós, senón que cada un fala do que lle parece", laiouse o secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez.

Redacción - 09:30 13/11/2009

"É necesario que falemos todos", insistiu o líder socialista, cualificando o debate sobre o futuro de Caixa Galicia e Caixanova como unha "cuestión de Estado". Na súa opinión, a Xunta non cumpre co seu "labor" de "abrir un espazo de diálogo e opinión" con todas as forzas sociais, políticas e económicas. "Non se dá un escenario de compartir visións en conxunto", reprochou. "Tanto a Xunta como as dúas entidades deben explicar que queren facer e como o van facer", reclamou, confiando en que o escenario de incerteza se aclare coa maior brevidade posíbel.

En opinión de Manuel Vázquez "ninguén" pode tomar unha decisión sobre o futuro das caixas galegas "só". Vázquez pediu partir da coincidencia de "todos" en que as caixas sexan "fortes, solventes e galegas", e advertiu de que "para chegar aí, ninguén pode chegar só". "Nin unha entidade, nin as dúas, nin o Goberno só", insistiu. Ao respecto, censurou que o presidente da Xunta "está a converter unha cuestión de Estado nunha cuestión del" e advertiulle de que "por aí non vai ben". Queixouse o líder dos socialistas de que o futuro das entidades estáse cociñando nun debate "escuro e na trastenda dun goberno", malia que entre as dúas caixas "sustentan o 55% das economías galegas". "Este debate hai que dalo de fronte, con luz e taquígrafos", esixiu.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: