Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
LINGUAS

A Xunta presenta un portal de internet unicamente en castelán

Adícase ao eido da gastronomía e foi presentada publicamente polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela.

Redacción - 18:30 19/11/2009

"Consolidar Galiza como destino gastronómico por antonomasia", ese é o obxectivo que se marcou o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, na presentación do novo portal de internet "gastronomiadegalicia.com". O proxecto, ideado pola Dirección Xeral para o Turismo, quere ser ademais "a primeira web que contempla a gastronomía galega dun xeito global". Con todo, segundo adiantaba o xornal A Nosa Terra e segundo se pode comprobar na propia ligazón, o portal non contempla a posibilidade de lectura nin en galego nin en inglés: a única opción é o español.

Na información difundida pola Consellaría de Cultura non consta a achega económica que a Xunta ofreceu ao proxecto, mais o propio Varela incidiu na súa presentación que a web se enmarca "nun ambicioso Plan de Gastronomía para o 2010", ante a proximidade da celebración do Xacobeo. Ademais da axuda da Secretaría Xeral para o Turismo, o sitio conta tamén co patrocinio de Gas Natural-Unión Fenosa, da Academia Galega de Gastronomía e da Real Academia Española de Gastronomía.

Entre outros temas, o portal ofrece especial atención á información sobre os produtos gastronómicos galegos, os nosos restaurantes, denominacións de orixe, receitas ou festas de interese cultural. Súmase así á oferta que a rede ofrece sobre a nosa cociña. En concreto, en 2006, a Administración galega tamén apoiara o nacemento dun novo sitio de internet adicado a este eido, naquel caso liderado polo Grupo El Progreso (Galicia Gastronómica) e que, cunha orientación máis informativa, ofrece a posibilidade de ler os seus contidos en galego.


Ligazóns

1.73/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, presentou o novo portal de internet
O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, presentou o novo portal de internet