Avoga por que goberne a forza máis votada, despois da moción de Porto do Son. As outras nove producidas dende 2007 beneficiaron os populares.
Concello da Veiga, que volverá ás mans do PPdeG o 27 de novembro
Arrebatar, segundo o dicionario da RAG, significa "quitar con violencia". O PPdeG asegurou este domingo que os pactos municipais entre "forzas políticas perdedoras", como o que se materializou o mércores en Porto do Son, "arrebatáronlle" 53 alcaldías onde "gañaron" as eleccións de 2007. Segundo os datos citados polo partido, os populares foron os máis votados en 216 concellos, dos que en 152 acadou a maioría absoluta, porén "só" gobernan en 163, o que, aínda así, supón o 51,4% do total do país.
A formación conservadora salienta que tanto a moción de censura de Porto do Son, xunto con outras alianzas do PSdeG, do BNG e doutros partidos "privaron" o PPdeG de gobernar en máis de medio cento das alcaldías. Para os populares, este tipo de alianzas son unha "fraude" para a cidadanía, pois "rouban a vontade dos votantes ao non reflectiren o sentir da maioría".
A postura do PPdeG é que en cada concello goberne o partido político máis votado, independentemente de que levase ou non a maioría absoluta, para evitar "incómodas situacións" para a cidadanía e "coalicións de perdedores con ideas que non comungan entre si". Ademais salienta os casos de Noia, Vilariño de Conso, Santa Comba ou Láncara, gobernados por coalicións que "acabaron rompendo ou censurando" a causa do "desgoberno".
Quizais para compensar esa 'inxustiza', o Partido Popular de Galicia -ou edís que se presentaron nas súas listas- 'recuperou', dende 2007, mediante mocións de censura, os concellos de Santa Comba, Trives, Mos, Abegondo, Gondomar, Silleda, Láncara, Folgoso e, agora, A Veiga, apoiándose en tránsfugas ou en cambios repentinos de alianzas de goberno.
A lei eleitoral está para se cumprir, e se ao PP non lle prace, que faga o oportuno para cambiar a lei eleitoral, pero que non amole con estupideces. Non poden nin xestionar ben os concellos que xa teñen que aínda queren ter máis. Asústame esta ansia de poder que teñen algúns.
Vaia um par de...que tenhem..
Este é o libro de PEPETE, un concello con 13 concelleiros NON E GOBERNABLE con 6-5 ou 4 concelleiros ainda que veñan da LISTA MAIS VOTADA, ai que saber pactar ou aliarse pa poder desenrolar un programa de goberno.
PEROGRULLADAS VERDÁ... pero iso mismo é o que lle falta o PP, INCAPACIDADE DE LOGRAR ACORDOS NIN A NIVEL LOCAL.
O Partido Podre, que se aplique o conto, que deixe gobernar ao PNV en Euzkadi. e deixe de facer autentícos pactos antinatura o PSOE con o P.P. De todas maneiras o PSO-E polomenos ten que vixiar mais o seus concelleios, todos os transfugas ven dos listaxes de eles.
Pensaba que desque apoiaron a CC en Canarias e ao PSOE en Euskadi estes do PP ían deixar de dar a murga co de "forzas perdedoras", nin puta idea de democracia, nin lle piden permiso ao sentido ao abrir a boca.
Aplicaronse este conto cando a moción de censura en Ponteareas, onde a forza máis votada da vila é o BNG? O PP non ten nin ética nin é consecuente co que di. só lle interesa o poder a calquera custe, as contradicións sonche o de menos.
Estes querem apanhar (en)quanto puderem, pois pode que a Lei d'Hont não os aupe na próxima vez...
Xa que o PP muda a lei electoral, gaviotero, que se lembre tamén da suma "aritmética" de votos. Penso que aquí non estarán dacordo, porque non pode ser que o Concello dos Blancos en Ourense teña a terceira parte en escanos cá Coruña, cando a súa poboación é infinitamente inferior. Perfeuto, que governe o máis votado, pero que se poña tamén A SUMA ARITMÉTICA E A PORCENTAXE REAL DEIXANDO DE LADO OS ESCANOS. A ver se agora Ourense decide quen manda ou non.
E se a Xunta muda esa lei, iría contra a Constitución Española. Ou sexa que o gaviotero propón máis autonomía e leis propias para Galiza. Mesmo seriamos un estado!!! Dese xeito tes razón meu, pero seguramente non pensaches o que puxeches, porque non te da a cabeza.
Lamentabelmente aínda hai que explicar ao PP e simpatizantes que a "democracia" española é representativa, é dicir, os eleitores elixen representantes, que poden ir en listas de partidos ou como independentes, e estes á súa vez elixen o goberno local, autonómico ou estatal. Tan difícil é de comprender?
Menuda cara que teñen!
Se pensan que os gobernos de coalición non son representativos da vontade popular, que pidan a implantación dunha segunda volta electoral.
Pero isto, claro, xa non lles interesa tanto.
Estou con Crunha en cuanto ao que di da segunda volta, máis a isto habería que sumarlle a capacidade de desolvemento da Camara Municipal por parte de quen a preside e por tanto a convocatoria de novas eleicions, deste xeito evitariamos situacións tales coma as que se levan dado ultimamente de forma obscena por parte de P.P. e máis P.S.O.E. que xa ben podían rachar ese invento fraudulento dos pactos contra o a favor de calquera cousa (antitransfuguismo entre outros , e lexislar con responsabilidade e compromiso. O día que esto sexa así deixaremos de observar situacións noxentas coma as que acontecen en Gondomar, trasnporte de embarcacións proprias, misoxenias varias, en fins, noxento. Sabedes que digo...! MOCIÓN = CORRUPCIÓN
Eso de forzas perdedoras sóname moito ao 1939...
Vilarmarialopez, o teu comentario demostra IGNORANCIA e perigosos ramalazos de autoritarismo.
As maiorías, en democracia, son as que son. É perfectamente lexítimo que 1, 2 ou mil partidos se alíen e gobernen entre sí se entre eles xuntan maioría absoluta e son capaces de artellar un proxecto común. Iso é o que pasa en tódolos países do mundo. Agás aqueles de democracia atrapallada, deseñada para que os que sacan 1 voto máis que o contrincante teñan maiorías absolutas e poidan facer e desfacer a pracer e con desprezo para a maioría real de votos e de non votos.
Arriba xa se aclarou cal é a lei electoral española, que agora vos pica. A lei deixa moitísimo que desexar, sen dúbida (eu, pero exemplo, creo que os votos do rural non deben valer máis que os urbanos, e teño que foderme). O que rouba a vontade dos cidadáns é que con moitísimo menos da metade dos votos, os PPeiros queiran que todos sexan os seus escravos. Que o PP deixe de ser un partido de talibáns e aprenda cultura política, que inclúe pactos e negociacións con outras forzas políticas, como fan tódolos partidos europeos de dereita e de esquerda. E se tan toliños estades por maioría e chin-pún, pois imos a segundas voltas, como en Francia. Ah, pero iso non, que así tampouco gañades nen en pintura, non, eh?
Anda, a rañala...
Esta nova trouxo-me o seguinte à memória: "En el día de hoy, cautivo y desarmado el ejército rojo, han alcanzado las tropas nacionales sus últimos objetivos militares".
A CIG destapa a existencia de tratos de favor a empresas vinculadas ao PPdeG
Edición xeral
Luz verde á Lei Ómnibus co 'Non' do BNG, que pedía blindar as condicións laborais e garantir deberes lingüísticos
Edición xeral
"Que impere a razón", reclámalle Vázquez a Zapatero ao fío das caixas
Edición xeral