ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Perigo das redes sociais

Unha muller perde unha pensión porque a aseguradora a viu "recuperada" no Facebook

A quebequesa Nathalie Blanchard, de baixa por depresión, publicou fotos onde se vía nunhas vacacións que colleu por prescrición médica.

Redacción - 13:05 24/11/2009

As redes sociais, a medida que se popularizan, vanse volvendo cada vez máis accesíbeis a todo o mundo, polo que hai que ter coidado co que se publica nelas, pois nunca se sabe quen pode estar a mirar. Unha muller quebequesa que levaba un ano e medio de baixa por depresión perdeu o seguro por culpa do Facebook.

Nathalie Blanchard publicou fotos súas onde aparecía sorrinte e festiva, polo que a aseguradora decidiu deixar de pagarlle a indemnización, ao considerala curada dos seus síntomas. Blanchard asegura que as fotos son dunhas vacacións que colleu por indicación médica e que segue a sufrir síntomas depresivos.

A muller deixou o traballo en IBM hai ano e medio por depresión e dende aquela recibe unha pensión da aseguradora Manulife, que agora lle suspendeu os pagamentos. As imaxes que publicou no Facebook amósana na praia e en festas con amigos. A aseguradora, que accedeu ao perfil de Blanchard, considera que as fotos demostran a súa total recuperación.

O avogado da muller sostén que Manulife debería ter consultado un psiquiatra antes de cortar a pensión, pois non se pode diagnosticar o estado mental dunha persoa polas fotos publicadas no Facebook.


5/5 (1 votos)

Comentarios (9)

BonKarallan #1 24/Novembro/2009 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

As fotos demostran que se estaba curando da depresión. Que mellor cura, que unhas boas vacacións e unhas boas esmorgas.

Ou é que cando estás de baixa, tes que estar con cara triste todo o tempo e encerrado na túa casa?

Desde logo que mal pensados son estes axentes de Seguros, que seguro que se estaban divertindo no traballo co Facebook, e mira que casualidade atopar á súa vítima.

TAMUNANGUE2008 #2 24/Novembro/2009 TAMUNANGUE2008
[Valora este comentario Positivo -12 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Cuevillas #3 25/Novembro/2009 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



DanielErreCe #4 25/Novembro/2009 DanielErreCe
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Moi hábil non foi esta señora. A ver se pensamos un chisco o que de nós expoñemos neses sitios.

BonKarallan #5 25/Novembro/2009 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Aquí tedes unha foto de Fraga, de caza, mentres se afundía o Prestige. Se é que non se pode colgar todo no Facebook, que hai moito chivato solto.

http://4.bp.blogspot.com/_JA9N...

TAMUNANGUE2008 #6 26/Novembro/2009 TAMUNANGUE2008
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A intolerancia fanática fai ver unha cousa dunha maneira dependendo de quen a practique. Pretende transformar a realidade, xa fai que abusos contra a dignidade humana e a democracia sexan escondidos porque non é conveniente dicilos.

O feito descrito en Facebook na noticia é sobre un caso particular e motivado polos intereses dunha empresa ou organismo. O feito contrastado ocorreu en Venezuela onde está situada a segunda comunidade Galega de Latinoamérica.

Foi un feito certo e criminal onde o estado facendo uso de institucións que terían que ser independentes persegue á disidencia política e estas en un cego afán de satisfacer ao réxime son tan miopes que utiliza Facebook para sustentar un expediente e quedan no máis patente ridículo. Peor aínda, un xuíz préstase ditar unha orde de privativa de liberdade cando para ordenar iso en calquera país teñen que terse probas máis contundentes que unha imaxe de Facebook.

Ao final ridículo total. O novo estudante libre xa que até un miope sabería distinguir que estabamos en presenza de dúas persoas distintas e si este mozo non tivese acceso a unha prensa non comprometida co réxime pasase meses detido xa que o goberno revolucionario é moi rápido imputando e detendo opositores. Pero estando xa estes en os cárceres os xuízos sofren canta forma de atrasos poida existir para lograr o obxectivo de manter detido ao opositor violando un principio básico da lei que sinala que todos son inocentes ata que se demostre o contrario e o ser xulgado en liberdade é a norma.

Por iso é moi fácil desde unha redacción dun medio, un locutorio ou un cibercafé tentar tapar a verdade colocando puntos negativos facendo uso de varios computadores e varios nomes de usuarios. Agora, emitir argumentos e desmontar verdades xa esta máis difícil.

galleto #7 27/Novembro/2009 galleto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tumanangue, realmente crees que alguén vai alquilar vaios ordenadores nun cibercafé para poñerche a maior cantidade de puntos negativos? Qué va, meu, son 11 gatos, pero os 11 votan sempre.

MCXOSE #8 28/Novembro/2009 MCXOSE
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

As baixas médicas fraudulentas repórtannos/me uns gastos aos traballadores totalmente abusivos.
OS FUNCIONARIOS SON UNS VAGOS E LADRÓNS.
OS FUNCIONARIOS NON GAÑAN O SOLDO QUE COBRAN.
OS FUNCIONARIOS SON BORDES E PEDANTES.
OS FUNCIONARIOS PÓÑENME DE MALA HOSTIA.
OS FUNCIONARIOS SON CORRUPTOS.
Comprobábel.

TAMUNANGUE2008 #9 29/Novembro/2009 TAMUNANGUE2008
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Creo que ten razón señor galleto.

Certamente creo que o sinalado por vostede é contundentemente lóxico no concernente ao cibercafé pero sorprenderase os sacrificios que se fan atendendo a afáns un tanto fanáticos.

Eu teño claro que esta é a dinámica, e para ben ou para mal recoñezo que moi poucos medios dan entrada ao debate e admiten críticas directas ata contra eles mesmos. Excepcionalmente vin censura por parte do medio pero é insignificante e reitéroo.

O que me parece estraño é que si o comentario é tan repulsivo non xere ningún tipo de apreciasión e máis neste caso onde do mesmo xeito que “Pepito preguntón” sinalo un Por que?

Paréceme interesante o sinalado na noticia e os alcances que pode ter o Facebook de face as persoas pero resulta que se comenta un caso onde hai unha injustica sobre unha persoa á cal se lle descoñece a súa enfermidade pero que certamente é a persoa e non outra. A inxustiza limítase ao acto de descoñecer a incapacidade.

O estraño é que un xornal que ten estreitos vínculos coa emigración descoñecese que en Venezuela onde existe a segunda comunidade Galega de Latinoamérica un fiscal do ministerio publico impute dun delito e solicite o enjuiciamiento dun estudante porque no Facebook aparece un individuo co mesmo nome que el e á súa vez existía unha persoa nun vídeo o foto que se parecía a ese suposto individuo e non ao estudante. O máis aberrante é que un xuíz emita unha orde de privación de liberdade sen antes solicitarlle á fiscalía que demostrase que o cidadán que aparece en Facebook e as manifestacións é o mesmo novo que por casualidade é activista contra o goberno de Chávez e ao que o goberno atreves de CONATEL prohibira unha propaganda política onde o participaba.

Como beira isto apesta a amedrentamiento e persecución política. No caso de Vieiros sinceramente xa vostede dirame.

O mozo en cuestión non forma parte da nosa comunidade pero puido selo e si para o medio é noticia o da señora por ser jocosamente inxusto o do estudante opositor Graffe en Venezuela o é mais. Xa que estamos a falar de inxustiza e persecución política.

En calquera país do mundo ese xuíz e ese fiscal serian separados do seus cargos e sometidos a unha investigación. Vostede cre que iso paso?

Por iso bo amigo galleto non dubido para nada que isto desbasta a algúns e que estes a a súa vez fagan o esforzo de ver como acalar un punto de vista. Si un punto de vista xa que o convido a vostede a que pescude si algo do sinalado por min é falso. Non pretendo ser dono da verdade.

Saúdos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: