Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
XOSÉ GONZÁLEZ, PRESIDENTE DO FORO PEINADOR

"A preocupación polo galego non se debe manifestar só nas prazas públicas"

Un seminario anima os empresarios a etiquetar os seus produtos en galego e aos consumidores a demandalos.

Isabel G. Couso - 12:30 26/11/2009
O Foro Peinador chama aos empresarios a empregar a lingua como valor engadido nas súas etiquetas

O Foro Peinador chama aos empresarios a empregar a lingua como valor engadido nas súas etiquetas

A etiquetaxe dos produtos alimentarios en galego e o seu valor engadido. Sobre este tema versará un acto organizado polo Foro Peinador este xoves no Centro Cultural da Deputación de Ourense. O obxectivo desta xornada, segundo nos explica o presidente deste colectivo, Xosé González, é dobre: dunha banda animar ao sector empresarial a escoller a nosa lingua para as súas etiquetas e, da outra, concienciar aos consumidores da repercusión que pode ter a súa compra selectiva atendendo a criterios lingüísticos.

O galego, valor engadido empresarial
O Foro Peinador quere facerlle chegar ao empresariado que "no mercado globalizado no que vivimos, sigularizar os produtos é fundamental e aí ten un papel importante o galego, en canto que elemento diferenciador e identitario". O reto é alentar ao dirixente dunha empresa para que etiquete os seus produtos na lingua do país, ben sexa pola súa sensibilidade cara a Galiza, ben pola procura de resultados económicos.

E, unha vez máis, González insiste en que a estratexia debe ser "amábel e discreta". "Os empresarios non queren luz e taquígrafos para falar de cuestións lingüísticas, non queren sentirse coaccionados", explica, "nós comprobamos diariamente que non hai tanta animadversión do mundo empresarial ao galego como se pensa, pero non apostarán por ese camiño se ven que hai tanta tensión ao respecto, e aí teñen un papel fundamental os medios de comunicación".

Con esta concepción de fondo, o Foro pretende "derrubar o prexuízo de que etiquetar en castelán ofrece algún tipo de vantaxe para exportar ou vender fóra". Asemade, queren explicar que a etiquetaxe en galego "non resta calidade nin compradores aos produtos", para o que poñen como exemplo o incremento substancial de publicidade que emprega o idioma como valor engadido: "neste último ano aumentou exponencialmente o número de anuncios televisivos que, por exemplo, empregan o francés para ofrecer perfumes ou colonias, e cuns magníficos resultados", explica González.

Os consumidores, a última palabra
O outro eixo sobre o que pivotará este seminario é o do consumo. "Queremos lanzar aos consumidores preocupados pola sorte da lingua galega que este interese non se debe manifestar só nas prazas públicas cando a situación política o demanda", adianta González. Nesta liña alenta aos cidadáns, en tanto que consumidores, a adherirse ao principio de discriminación positiva nas súas compras: "a igual calidade, mercar en galego".

"En canto os empresarios advirtan esa demanda ou comproben unha baixada porcentual de vendas porque non etiquetan en galego, haberá un paso adiante nesta dirección". González fai así un chamado á cidadanía a "asumir a demanda dunha política de normalización con naturalidade e sen estridencias, a través dunha constante defensa do galego na vida cotiá". Ademais de criticar aos políticos de cada momento pola súa falta de acción a prol da nosa lingua, entende que "temos que ser nós quen subsidiariamente elaboremos un novo discurso que fuxa da confrontación e a belicosidade e asumamos o noso papel como cidadáns galegos".


Ligazóns

5/5 (25 votos)

Comentarios (13)

aovellaquemira #1 26/Novembro/2009 aovellaquemira
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Coincido em que 'não só', mas sim PRIMARIAMENTE. Porque é a mãe do anho da que deriva o prestígio social da língua, a demanda no ensino, da demanda de etiquetado na nossa língua, etc, etc.

E ISTO O PP E MAIS OS SEUS QUADROS FALANGISTAS A CARGO DE DETERMINADOS ASPECTOS DA FUNÇÃO PÚBLICA, BEM QUE O SABEM.

http://anosaterra.org/nova/380...

Quem não nos apercebemos somos nós.

Creador #2 26/Novembro/2009 Creador
[Valora este comentario Positivo -11 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



volvebreogan #3 26/Novembro/2009 volvebreogan
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

#2 creador unha cousa leva a outra, pero non de calquera manera como estamos a ver no noso país co bng ou noutros países como o pnv,batasuna ou mesmo erc. Fomentar o uso do galego,introducir o galego en ámbitos novos(novos por desgraza)tamén é unha forma de facer país e nación, tamén é unha forma de sentirse orguiosos de seren galego, como sinteste tí e moitos dos independentistas que ti dis, o problema e seguro que aí concordamos é que motios céganse co a idea da independencia e non pode ser así.

hoxe Galiza non pode ser ceive, porque na sociedade galega non ai unha idea de pais, e coido que a mellor forma de facer pais non é ir o 6 de decembro a rúa encontra do día da constitución, o mellor que podemos facer e seguir traballando pola nosa lingua e polo noso patrimimonio material e inmaterial, e comezar a afondar nos sentimentos dos galegos, que fai mais de medios século que non o facemos.

Porque hai unha cousa clara, os galegos somos románticos, porén os galegos somos galeguistas, etón traballo, traballo e traballo e entón poderemos estar ao nivel de sentimento independentista de Escocia.

Porque o importante non é só presentar modelos económicos ano tras ano como fan os cataláns, o importante é ser unha soa voz, e así non hai DIOS que se nos resista.

acarondosil #4 26/Novembro/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Evidentemente que se a preocupación queda só nas prazas, non é suficiente. Todos sabemos da importancia da acción individual, sen a cal non hai normalización posible.

Pero esa reivindicación colectiva da nosa lingua nas prazas tamén me parece fundamental. En momentos de dificultade como os actuais, non está de máis compartir preocupacións públicas cos outros galegos e ver que non estamos sós nas nosas reivindicacións e preocupacións. A min, polo menos, resúltame moi gratificante.

mansdodemo #5 26/Novembro/2009 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Estamos nun mundo do comercio, do troque.
Hai que saber VENDER BEN o noso idioma, porque é moi doado, porque ten seducción, porque é atractivo, porque inspira afeizón, seduce, ten simpatía, ten interés, fascina, cautiva............
E a xente, ten que seguir esta "moda", pola boa sensación que causamos, e o bo exemplo, a sinxeleza, pois son elementos vitais e de gran importancia(aínda que parecen cousas pequenas), para o desenrolo da língua.
A xente observa e imita as formas dos outros......., claro cando estas están ben feitas.
Apliquémonos o conto.

Gaviotero #6 26/Novembro/2009 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -16 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



mnawe #7 26/Novembro/2009 mnawe
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Ti o único que comes ben sabemos todos o que é (o mesmo que despois botas fóra). Se queres mándoche unha pouca etiquetada (en castellano también, por supuesto)

Indixenanoapartheid #8 26/Novembro/2009 Indixenanoapartheid
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

Pois eu quixera poder mercar productos no meu idioma, mais eso é imposible porque as empresas consideran que son un cidadán de segunda división, aínda que os meus cartos valen tanto coma os de calquera. E estaría feliz se cando adquiro un coche, un moble, ou unha máquina de lavar, por poñer só uns exemplos, me desen a factura en galego, cousa que, neste país de tolos, tamén é pedir a lúa. E o peor de todo, é ter que escoitar ou ler as mamarrachadas noxentas dos ultras españoleiros que seica nós discriminamos. O mundo ó revés. Noxo.

luaminguante #9 27/Novembro/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

pois hai productos que levan a bandeira española:a eses nin me acerco

fermosa_bagoa #10 27/Novembro/2009 fermosa_bagoa
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

PD: #5 Desenvolvemento

Por suposto que sería bo que houber etiquetaxes en galego, eu dende logo mercaríaas. Pero aposto a que a maioría da xente non o faría porque pensaría que os produtos ían ser de menor calidade, enxebres ou defetuosos. Isto é o patético e vergonzoso que temos aquí.
Con respecto ao comentario de Indixenanoapartheid, totalmente dacordo, eu vou a un CAP, ou a un supermercado, ou a calquer lugar público, e non me atenderán en galego aínda que así me dirixa a eles. Iso é falta de educacion e o demais son paparruxadas.
Eu, pola miña parte, estou a por o meu gran de area. Pouco máis podo facer.

OBSERVADOR #11 27/Novembro/2009 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

#10 Fermosa Bagoa, e será talvez porque o aspecto da língua em que seriam feitas as etiquetas é de menor qualidade, enxebre ou defeituoso"...?

Mas se a língua tem um aspecto de mais de 250 milhões de falantes a cousa muda um pouco, não é?

fermosa_bagoa #12 27/Novembro/2009 fermosa_bagoa
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa, pero é que esa língua non é a miña, nin a da maioría dos galegos. Esa é a lingua dos nosos irmáns, mais non a nosa.

aovellaquemira #13 28/Novembro/2009 aovellaquemira
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

#12 Eu não sou irmão de nenhum caboverdiano, brasileiro ou português. Apenas falamos a mesma língua.

Há que ser bem bableiro um para dizer que um produto não está etiquetado na nossa língua por o estar com normativa internacional.

http://www.youtube.com/watch?v...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A anterior Consellaría de Medio Rural lanzara unha campaña para o consumo de viños etiquetados en galego
A anterior Consellaría de Medio Rural lanzara unha campaña para o consumo de viños etiquetados en galego
Queixos, conservas ou produtos cárnicos presumen de seren galegos nas súas etiquetas, mais non empregan a nosa lingua
Queixos, conservas ou produtos cárnicos presumen de seren galegos nas súas etiquetas, mais non empregan a nosa lingua