Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
ISAÍAS RODRÍGUEZ É O NOVO EMBAIXADOR ANTE O ESTADO ESPAÑOL

Primeira visita oficial do novo embaixador de Venezuela a Galiza

"Pretendemos que os media non nos traten nen con puño de ferro nen con puño de seda. Pretendemos que escreban de Venezuela coas mans e non cos puños", afirmou.

Xurxo Martínez Crespo - 17:41 26/11/2009

O embaixador de Venezuela ante o Estado español, Isaías Rodríguez Díaz, fixo a súa primeira visita oficial a Galiza acompañado da cónsul de Venezuela en Vigo, Mónica Chacín. Na visita de carácer protocolario, mantivo unha xuntanza co alcalde de Compostela,  Sánchez Bugallo, e tamén tratou de cumprir obxectivos económicos de carácter comercial.

Segundo cifras subministradas pola embaixada da República Bolivariana en Venezuela o comerco bilateral Galiza-Venezuela e altamente deficitario para a República Bolivariana. Mentres Venezuela importa da Galiza por un monto de 45 millóns de euros ao ano, Galiza importa de Venezuela só 4 millóns de euros ao ano. As principais exportacións galegas a Venezuela son: maquinária agrícola. Xoguetes e manufacturas, mentres que as principais exportacións de Venezuela a Galiza son o sal, xeso e algúns moluscos.

Un dos motivos desta primeira visita do embaixador Isaías Rodríguez Díaz e reactivar as cartas de intención asinadas polo Estado venezuelano con Galiza en 2005, algunhas das cales expiraron sen chegar a ser concretadas. Entre as cartas de intención que o Estado venezuelano prevé reactivar con Galiza están as referidas ao benestar social, aos desencvolvementos eco-turísticos e as referidas ao desenvolvemento económico-agrícola dos minifundios, pois recalcou o embaixador Isaías Rodríguez, unha das principais mentas do Goberno revolucionario bolivariano é conquistar a soberanía alimentar.

O embaixador venezuelano fixo un repaso aos últimos acontecementos galego-venezuelanos e falou da intención da axencia estatal de pesca venezuelana, ISOPESCA, para cos produtores de peixe, da súa industria, na Galiza, para traballar en Venezuela. O embaixador, nonembergantes, deixou claro que o Goberno revolucionario de Venezuela proibiu a pesca de arrastre en Venezuela co fin de reservar os importantes recursos pesqueiros venezuelanos aos pescadores artesanais, asegurando unha pesca ecolóxica e racional que permitirá o desenvolvemento e rexeneración natural dos bancos de peixe dentro das augas xurisdicionais venezuelanas.

1000 millóns de euros na compra de barcos fabricados na Galiza

O Goberno bolivariano de Venezuela mercou en estaleiros estatais do Estado español 8 patrulleiras por un monto de 1.250 millóns de euros. Das patrulleiras construídas por Navantia en Cádiz xa foron entregadas, botadas, dúas en Venezuela.

O Estado venezuelano quere contratar, perferibelmente con asteleiros galegos, dous barcos de investigación mariña, con fins pacíficos, para prospección petroleira e gasífera por un monto de 1000 millóns de euros. A decisión da compra, engadiu o embaixador Isaís Rodríguez, estaría tomada para o ano 2010.

A guerra dos media galegos e españois contra o goberno venezuelano

Os principal xornal en tirada do Estado español é un inimigo acérrimo das polítcas sociais de Chávez. O mesmo poidemos dicer do principal xornal, en tirada, da Galiza, que permite que prófugos da xustiza venezuelana como Juan Fernández (líder da folga empresarial de dous meses de Pdvsa) ou o almirante Molina Tamayo (membro do Goberno golpista de Carmona Estanga) ocupen páxinas enteiras dando declaracións e sendo utilizados polos xornalistas galegos como referenza.

O embaixador venezuelano recoñeceu a gran influencia dos media españois e galegos na formación dunha animadversión cara ao presidente venezuelano, Hugo Cha´vez, como ás políticas sociais que promove.

Referiuse, por exemplo, á constante inclusión de novas referentes a Venezuela nas que subliñan feitos violentos, mentres que en países veciños como Colombia, México, Brasil, os mesmos media do Estado español resaltan outras noticias malia ter similares ou maiores índices de violencia.

O embaixador venezuelano sinalou dados non subministrados polo Goberno venezuelano senón por organismos internacionais, como que Venezuela en 10 anos logrou baixar o índice de pobreza de 1998 dun 42,5% a un 9,5% en 2007, ou que no Índice de desenvolvemento Humano subise do posto 72 ao 58, 14 postos nestes últimos anos.

Adiantou a intención do Goberno revolucionario venezuelano de abrir unha oficina de información en Europa para tratar de frear as agresións mediáticas ás que é submetida Venezuela.

O embaixador non pediu que os media escreban marabillas nin do proceso de cambio nin do país que representa, pediu, nas súas palabras, “ non nos traten con puño de ferro nin de seda. Que as mans, non os puños, escreban, o que acontece en Venezuela.”  


4.67/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: