Causa Galiza maniféstase en Compostela este domingo 6 de Nadal, Día da Constitución, por terceiro ano consecutivo.
A plataforma Causa Galiza convocou para este domingo 6 de Nadal en Compostela unha manifestación baixo o lema Sobre nós, decidirmos nós. Soberanía é democracia. A cita reivindicativa, que se organiza por terceiro ano, vai incluír un xantar popular e un concerto, e acompáñase dunha campaña informativa por todo o país.
Bráulio Amaro, Pedro Alonso e Charo Lopes, en representación da Portavocía de Causa Galiza, foron os encargados de presentar os actos nunha conferencia de prensa organizada este martes na capital galega.
Amaro lembrou que hai 31 anos en Galiza "foi secundada amplamente a abstención" á Constitución española, e salientou o "carácter antidemocrático" deste texto, "fundamentalmente porque nega o dereito á autodeterminación".
A marcha, que partirá ás 12.00 horas da Alameda e finalizará na praza do Toural onde se lerá un manifesto e actuarán o grupo Bouba Pandereteiras e un quinteto tradicional, vai reclamar -como en ocasións anteriores- a soberanía nacional para Galiza.
Xantar popular e concerto
Como novidade, este ano a manifestación vén acompañada de "actos reivindicativos e lúdicos con contidos na liña do dereito de autodeterminación que permitan que acuda máis xente". Deste xeito, vaise organizar un xantar popular na carballeira de Santa Susana que comezará contra as 15.00 horas.
Os bonos para participar na comida teñen un prezo de 12 euros e están á venda nos centros sociais do país. Tamén se han poder adquirir ao remate da manifestación en caso de non se ter esgotado. Ademais, ao longo da tarde proxectarase un especial audiovisual do colectivo GZvídeos e haberá unha foliada coa participación de Bouba Pandereiteiras.
Para rematar, a partir das 19.30 horas actuarán os grupos musicais de Homes sem Medo, Leo e Arremecaghona!!!, Ultraqäns, Ataque Escampe e Mini e Mero.
Críticas ao Concello de Santiago
Por outra banda, a plataforma criticou a actitude do Concello de Compostela que "persegue os militantes de Causa Galiza" ademais de "imposibilitar cesións de pavillóns e sitios cubertos" que están a disposición da cidadanía. "O señor Bugallo non nos vai desanimar para exercer o noso dereito a nos manifestar", declarou Amaro.
A manifestación do domingo é a culminación dunha campaña divulgativa sobre a autodeterminación que se está a facer por todo o país, con asembleas nas comarcas de Ourense, Lugo, A Coruña, Barbanza, Pontevedra, Ferrol, Compostela, Caldas-Tabeirós, Condado, Limia e Vigo.
Ademais, Causa Galiza informou de que se vai publicar material destinado ao traballo de difusión da proposta nunha "campaña prolongada en favor da autodeterminación do noso país", que conta coas mesas informativas que xa se están a realizar por toda Galiza.
Verémonos pois no dia 6! Tem que ser um día de uniom popular, luita e festa! Parabéns a todos os coleitivos que formam Causa Galiza polo seu bom fazer e a esperanza que lhe estám a dar a este povo. Tem que calhar jà uma alernativa da esquerda independentista ao espanholismo e ao autonomismo! Livres para decidir e livres para elexir! Independencia e Socialismo! D.M.Q.E.
Eu non comparto moitas das teses dos partidos manifestantes, somentes do que máis perto me sinto da esquerda é da FPG. Son independentista 100% e felicito a Causa Galiza pola iniciativa.
Somos moitos os que pomos por diante os intereses da nosa Nación, a máis anterga de Europa.
Autonomia como a de Portugal já
beijos Laurinha
AVANTE CAUSAGALIZA!!
O DIA 6 TODOS EN COMPOSTELA DEFENDENDO GALIZA.
Contar con Gaviotonto, é vixiante de D. Manuel.
Vaia tropa!. Braulio Amaro no centro da ranciada, fotocopia de batasuna, e sempre con xesto hierático e triston.
Así non se anima e convence aos habitantes desta terra nosa, é un camiño que non leva a nada máis que montar un grupiño pequeno moi conciencido e motivad, máis completamente illado da sociedade na que vive. Moita enerxía desperdiciada.
Unha pena, é mentres o PP como atila, arrasando con todo.
QUE NOS UNAMOS Todos INDEPENDENTISTAS em um so partido forte. adiante Causa Galiza, VIVA GALIZA Ceiba ...
Algunha crítica política ou persoal a Braulio?
Sim hidalgo Galicia, Qué tropa! Angel Quintana ( o da COPE) Paco Rodriguez ( o marxista de Tojeiro), Fernando Blanco (com as suas canteiras no Courel e o seu plano eólico "em chave de país"), Suarez Canal ( com as suas parcelárias encubertas UXFOR e as outras)e Aymerich e o new-regionalismo. Arrasando com o capital político de décadas e tanta, tanta energia.
Eu creo que tanto o BNG como Causa Galiza son necesarios, o BNG pesca nos sectores moderados e Causa galiza pode pescar en caladeiros máis antisistema. Digamos un "bipartidismo" a galega.
Penso que este é o momento de unirse tódalas forzas que se consideran nacionalistas e independentistas e deixarse de parvadas, se todas teñen en común que aman Galiza e o galego, e queren a independencia non necesitan máis.
Unámonos pola independencia e cando a consigamos que cada forza volva a pelexar coas outras, non antes, así o único que conseguiremos é que os españois e españolistas se rían de nós.
Por cierto, los gallegos fachas ya decidimos hace unos meses. Queremos ser franquistas, gayegos y españoles, muy franquistas, muy gayegos y muy españoles. Como molan las aventuras nacionalistas fachas que no hacen sino caciquear votos desde hace siglos...
HAHAHA, pese a quen lle pese gaviotero ten razón niso, votar xa se votou e dimos un volantazo de carallo.