O PSdeG avanza que votará en contra da ILP mentres o BNG afirma que apoiará a eliminación do plus. Mais o PPdeG asegura que non decidiu aínda.
Previsibelmente, a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida pola CIG contra o plus de altos cargos baterá a vindeira semana cunha maioría parlamentaria en contra. Así o parece á luz das últimas declaracións dos voceiros dos respectivos grupos parlamentarios, xa que só o BNG confirmou que apoiará esta ILP.
Desde o grupo na Cámara do PSdeG aclaraban este mesmo martes a súa posición contraria. "Nós dixemos que nos manifestabamos a favor de que se levase ao pleno", sinalaba o voceiro do grupo socialista, Xaquín Fernández Leiceaga. "Pero unha vez que vaia ao pleno, votaremos en contra porque non cremos que se deba reformar, xa que é unha lei aprobada por todos os grupos", argumentou Fernández Leiceaga.
Mentres, desde o PPdeG, o portavoz popular Manuel Ruíz Rivas xogaba a manter a incerteza sobre a cuestión, indicando que o seu partido expresará a súa opinión "cando chegue o momento". "O que me sorprende é que sempre levan unha sorpresa", afirmaba Ruíz Rivas, recordando a proposición sobre a lei de caixas deseñada polo Bloque e apoiada finalmente polo PP. Así, e sen aclarar o sentido do voto do seu grupo, Rivas aseguraba que analizarían a cuestión "con racionalidade e cordura".
Improbábel éxito dunha ILP de longa traxectoria
En ocasións anteriores, o portavoz popular subliñou, no mesmo sentido en que argumentan os socialistas, que se trata dunha decisión inserida nunha lei aprobada anteriormente por unanimidade na Cámara. De feito, o propio complemento salarial dos altos cargos é froito dunha emenda introducida no seu día polo grupo do PP na lei de función pública impulsada polo bipartito. Antecedentes que farían predicir que, malia as reiteradas apelacións á "austeridade", haberá unha maioría en contra da ILP.
O plus de altos cargos aprobouse en xullo de 2007 co apoio de todos os parlamentarios. Porén, o BNG recoñeceu poucos días despois que fora un erro sacar adiante a iniciativa, o que lle supuxo un enfrontamento co PSdeG e co PPdeG. Meses despois a CIG iniciaba unha recollida de sinaturas que en pouco tempo sumaba arredor de 20 mil apoios. Neste tempo, e logo dunha mobilización iniciada cun artigo publicado en Vieiros por Encarna Otero, daquela directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, só o BNG lle solicitou aos seus militantes que renunciasen a este plus de altos cargos. En calquera caso, non é posíbel saber polo miúdo o nome de quen o está a cobrar xa que a Xunta négase a facilitar os datos xustificando que a lei de transparencia aplícase aos altos cargos cando están no poder pero non cando xa o deixaron e non teñen responsabilidades políticas.
Non importan os "plus" en comparanza coas comisións que andan a cobrar algúns por privatizar.
¿porque o PSOE vota en contra de eliminar este plus?¿acaso queren aplicar politicas de dereitas?
Porque o BnG votou si? agora pian tarde...que eu saiba nenghum(agás Encarna Outeiro)rejeitou percebi-lo, que comeze o Guilherme VAZQUEZ POR RENUNCIAR A COBRA-LO... E QUE SE FAGAM PUBLICA AUTOCRÍTICA POLO MORRO QUE LHE BOTÁROM AO APROVÁ-LO O RESTO É FUME
O BNG (tudo) é a favor de receber o complemento, por isso votarom a favor no seu dia. De resto tudo é fume para enganar incaut@s
Como dì o refran, de sabios è retificar, aìnda que eiquì parece que a algùns amòlalles esta rectificaciòn, cousa que por outra banda xà se fixo polo BNG aos poucos dìas da aprobación. Veremos aos outros.
É que quando voltas para a oposiçom dá-che umha vontade de rectificar...que é muito!
Se o PP non vota en a favor da eliminación do plus de altos cargos, van a estar incumprindo o seu principal obxectivo que é, a austeridade. Ese concepto que tanto publicitan eu dígolle desde aquí que o poñan na práctica con algo que merece a pena (plus dos altos cargos) e que non quiten cartos de onde se precisan (galescolas, normalización lingüística, etc.)
naciongalega.blogspot.com
Un saúdo
A CIG destapa a existencia de tratos de favor a empresas vinculadas ao PPdeG
Edición xeral
Luz verde á Lei Ómnibus co 'Non' do BNG, que pedía blindar as condicións laborais e garantir deberes lingüísticos
Edición xeral
"Que impere a razón", reclámalle Vázquez a Zapatero ao fío das caixas
Edición xeral