Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Anuncio na Asemblea Nacional francesa

O goberno francés rexeita crear unha lei de linguas

Argumentan que a protección de linguas como o bretón, éuscaro, corso ou catalán chocaría cos "principios de indivisibilidade da República".

Redacción - 09:00 13/12/2009

O anuncio fíxoo Eric Besson, ministro de Identidade Nacional, en resposta a unha pregunta desde as bancadas do Partido Socialista. Deste xeito, o goberno confirma a marcha atrás ao respecto das promesas do propio presidente Nicolás Sarkozy e da anterior ministra de Cultura, sobre a posíbel lei de linguas "rexionais".

En xullo de 2008, unha engádega á Constitución francesa, introduciu no artigo 75.1 unha mención onde se pode ler que "as linguas rexionais pertencen ao patrimonio de Francia". O propio artigo segundo do mesmo texto constitucional subliña que "a lingua da República é o francés", quedando como secundario a mención ás outras linguas dentro dun apartado sobre colectividades territoriais.

Con todo, parecía un chanzo significativo no camiño ao respecto dos dereitos lingüísticos en Francia. Mais o optimismo esmorece coas declaracións recentes de Besson e o propio silencio do actual equipo do ministerio de Cultura francés. A situación podería reactivar as reivindicacións dos diversos colectivos que no Estado francés traballan a prol da promoción e protección das diversas linguas que aló se falan.


Ligazóns

2.75/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: