Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTE MARTES EN ESTOCOLMO

Serbia pide paso na Unión Europea

O seu presidente, Boris Tadic, prometeu novos esforzos para deter ao xeneral Ratko Mladic, acusado de xenocidio.

Redacción - 11:22 21/12/2009
Tags: Serbia UE

Este martes, o presidente, serbio Boris Tadic, ten previsto viaxar até Estocolmo para solicitar formalmente a entrada na Unión Europea. O ministro de Asuntos Exteriores sueco, Carlos Bildt, foi un dos primeiros en subliñar a importancia deste acto simbólico: “Este é un paso histórico para Serbia”

O goberno de Tadic demostrará así que a entrada na UE é un dos seus grandes obxectivos políticos. Porén, para que a adhesión sexa un feito, o executivo serbio terá que seguir esforzándose en pechar cicatrices do pasado. Un dos principais atrancos é a impunidade da que segue gozando o ex xefe militar serbo-bosnio Ratko Mladic. A UE pediu no seu momento a captura e entrega deste oficial, acusado de crimes contra a humanidade. Os Países Baixos vetaron no seu momento o acceso de Serbia, vinculándoo precisamente á detención dos xenocidas.

O presidente Tadic é consciente dos reparos da comunidade europea e, durante esta fin de semana, asegurou en Belgrado que “Serbia ten a intención e a vontade inequívoca de arrestar os fuxitivos polo ben dos seus cidadáns e pola reconciliación nos Balcáns”.


4.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: