O presidente venezuelano, Hugo Chávez, estivo presente, onte segunda feria, na presentación da entidade financeira estatal: Banco Bicentenario.
O Banco Bicentenario iniciou a súa andaina co outorgamento de créditos hipotecarios. As actividades próprias do banco priorizarán aos clientes das entidades financeiras intervidas e rehabilitadas: Banco Confederado, Bolívar Banco e o Banco hipotecario, Central, a quen anteriormente se lle negara a solicitude e Banfoandes,
O presidente Chávez estivo acompañado polo ministro do Poder Popular para a Economía e Finanzas, Alí Rodríguez Araque; para a Planificación e Desenvolvemento, Jorge Giordani; ministro de Estado para a Banca Pública e presidente do Banco de Venezuela, Eugenio Vázquez Orellana; e o presidente do Banco Central de Venezuela, Nelson Merentes.
Actualmente o Banco Bicentenario, conta cunha rede de axencias conformadas por 387 sucursais en toda Venezuela, e 5 mil 878 traballadores, dispostos para levar adiante "un novo concepto da banca pública con sentido socialista" segundo palbaras do presidente venezuelano.
Estrea outorgando créditos
O presidente venezuelano xa anunciara o domingo no seu programa Aló, presidente: "esta segunda feira imos comezar dando hipotecas a un grupo de persoas que pedira créditos e os bancos privados (hoxe intervidos) rexeitáranos, porque eles só os conceden aos ricos, consideran que os pobres non son 'bancarizábeis' (ser suxeito dun crédito bancario). Ise é o capitalismo: non dá dereito aos pobres ".
O presidente Chévez explicou que coa "recuperación dos bancos, no que o Estado venezuelano asumiu os custes e cancelou as garantías ás persoas que tiñan contas, créase a nova entidade financeira Banco Bicentenario, que abrirá as súas portas esta segunda feira".
Verbo as bondades da entidade financeira, o superintendente de Bancos e outras Institucións Financeiras, Edgar Hernández Behrens, destacou que o Banco Bicentenario, nasce das entidades financeiras Central, Banco Universal, Banfoandes, Bolívar Banco e Confederado.
Detido un dos banqueiros prófugo en Estados Unidos
O prófugo da xustiza venezuelana e ex presidente do banco intervido, Banco Federal, Eligio Cedeño, foi detido en Estados Unidos, segundo declaracións do presidente de Venezuela, Hugo Chávez.
O presidente declarou que "onte á noite informáronme que está detido en Estados Unidos o prófugo Eligio Cedeño", ante o que pediu aos órganos correspondentes actuar coa celeridade que merece o caso.
"Xa temos contacto con Interpol. Pedín celeridade aos órganos correspondentes, ao goberno, ministro de Interior e Xustiza, ao Tribunal Supremo de Xustiza, conseguir rapidamente todos os documentos para envialos a Interpol", declarou o presidente Chávez.
Sobre Eligio Cedeño dixo: "Está detido porque saíu ilegalmente de Venezuela e estaba tratando de entrar ilegalmente a Estados Unidos".
O presidente venezuelano tamén anunciou que foi detido o ex presidente da estatal Comisión Nacional de Valores, organismo público, dependente do Ministerio do Poder Popular para Economía e Finanzas. A Comisión Nacional de Valores é o organismo estatal encargado da vixiancia, supervisión e promoción do mercado de capitais venezuelano.
O presidente Chávez ratificou ademais a súa solicitude de investigar ao presidente do Banco Federal, Nelson Mezerhane, quen manifestou que "a situación en varios bancos foi provocada por supostos 'laboratorios' manexados por personaxes vinculados ao Goberno."
A iso sinalou o xefe de Estado que "cómpre ir dicindo cousas, até onde a lei permítao, porque a canalla arremete furiosamente contra as institucións. Por aí vin declaracións do presidente dun banco, di que está aclarando que non dixo iso. Eu solicitei unha investigación. Terá que acudir aos órganos xurisdicionais para explicar que foi o que dixo".
"Refírome ao que lin e analizado e os informes que teño, pero hai gravacións, testemuños, testemuñas. Pero non lle poden permitir estes excesos, nun país serio non pode permitirse iso", advertiu o presidente Chávez.