Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cara ao novo decreto sobre o galego no ensino

O BNG convida a evitar "pasos atrás" e traballar "xenerosamente" a prol da lingua

O voceiro parlamentario do Bloque, Carlos Aymerich, lamenta que a Xunta non aproveite a proposta realizada polo Consello da Cultura Galega.

Redacción - 18:30 22/12/2009

"Un pode ser de dereitas ou de esquerdas, pero o que non pode é cuspir na man que che dá de comer", reprochou o portavoz parlamentario do BNG, botando man das verbas do vindeiro homenaxeado o Día das Letras 2010, Uxío Novoneyra, e subliñando que "a lingua é a forma da nación". "Por iso cómpre respectala e promocionala", animou Carlos Aymerich.

Nesa tarefa, asegurou que a súa formación está disposta a traballar "xenerosamente" en favor da recuperación do consenso que, laiouse, o PP "rachou irresponsabelmente". Así, convidou o presidente da Xunta a "paralizar os pasos atrás" e evitar máis "belixerancia contra o galego" e esixiulle compromiso de traballo a prol da lingua.

Nese camiño cara ao consenso, lembrou Aymerich os catro puntos de partida expostos polo Consello da Cultura Galega nun documento enviado formalmente ao Parlamento. Un texto que se base na necesidade de acadar un consenso amplo e evitar medidas que supoñan un retroceso, "lembrando a responsabilidade política de impulsar un discurso activo para o galego e medidas que vaian máis alá do ensino". Nese sentido, laiouse o voceiro do Bloque de que Feijoo diga "non" á proposta de consenso.


5/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: