Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN CANGAS

Marina Atlántica terá até 2011 para construír o porto deportivo en Salgueirón

A Autoridade Portuaria de Vigo aprobou a concesión dunha prórroga de 16 meses á promotora, quen alegou presións sociais para explicar o atraso nas obras.

Redacción - 11:01 23/12/2009
A prórroga concendida a Marina Atlántica rematará na primavera, cando están previstas as eleccións municipais

A prórroga concendida a Marina Atlántica rematará na primavera, cando están previstas as eleccións municipais

Con sorpresa e indignación recibiron os membros do Foro Social e da Confraría de Pescadores de Cangas as facilidades outorgadas pola Autoridade Portuaria de Vigo á empresa Marina Atlántica para a construción do porto deportivo en Salgueirón. O Consello de Administración do ente público aprobou, na súa última xuntanza do ano, conceder outros 16 meses de prórroga para rematar os traballos onde se atopaba a antiga factoría baleeira de Massó.

A promotora, participada por Atlántico Construcións e Caixanova, solicitara un novo prazo alegando que non puido executar os traballos no tempo previsto por "motivos alleos á súa vontade", entre os que se atoparían a presión dun grupo de cidadáns que se opoñen ás obras, é dicir, o Foro Social e a Confraría de Pescadores.

A presidenta da Autoridade Portuaria, Corina Porro, anunciou a concesión desta prórroga, que finalizará na primavera de 2011 (previsibelmente cando se celebren as eleccións municipais) e argumentou que así o aconsella a lei. Un mes antes do previsto, a Autoridade Portuaria tomou a decisión ao respecto. "O Porto ten que basear a súa decisión nun informe que elaborou o avogado do Estado", dixo Porro, "e di que se ten que dar ese permiso porque a solicitude contempla todos os requisitos que exixe a lei".

Procedemento aberto
Mentres, continúa un proceso, que se prevé longo, iniciado pola Confraría de Pescadores ante o Tribunal Supremo. Os mariñeiros presentaron un recurso de casación contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) que avalaba o porto deportivo de Massó.

Ademais, tamén recentemente, o Concello de Cangas aprobou en pleno (cos votos do BNG e do PSdeG) unha iniciativa presentada como emenda pola alcaldesa, Clara Millán (BNG), pola que se instaba á Autoridade Portuaria a rescatar a concesión outorgada a Marina Atlántica.


Ligazóns

2.6/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: