Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DA DE SIAREIR@S

O BNG convoca unha manifestación para este luns

Exixe á Xunta o apoio necesario para que as seleccións deportivas galegas poidan competir ao máximo nivel.

Redacción - 12:57 27/12/2009
O BNG acusa a Feijoo de iniciar un proceso involutivo coa súa negativa de apoiar ás seleccións

O BNG acusa a Feijoo de iniciar un proceso involutivo coa súa negativa de apoiar ás seleccións

Será o luns, ás 12 do mediodía na compostelá Praza do Obradoiro. O BNG convocou un acto reivindicativo a prol das seleccións deportivas galegas e en denuncia da actitude da Xunta de non prestar apoio institucional a encontros como o deste sábado. No acto, está previsto que participe o portavoz nacional, Guillerme Vázquez, ademais de deportistas e afeccionados.

Os nacionalistas destacan que o obxectivo da concentración é "conseguir que Galiza estea presente en eventos deportivos do máximo nivel". Consideran necesario continuar coa aplicación de políticas "de fomento da identidade no deporte como as iniciadas pola anterior Consellaría de Cultura e Deporte" e acusan a Feijoo de iniciar un proceso involutivo coa súa negativa a apoiar a consolidación das seleccións".

Finalmente, avogan por "apoiar e manter activas" as seleccións como "sinais de identidade nacionais", de xeito que poidan competir "en igualdade de condicións con outros países".


4.33/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: