Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irlanda

Edición xestionada por María Golpe
RSS de Irlanda
Lento acceso da muller

O boom económico incrementou a participación laboral feminina en Irlanda

Malia que a segregación laboral por xénero esta aínda entre as mais altas de Europa.

María Golpe - 12:00 31/12/2009

Os anos do boom económico irlandés, o chamando fenómeno do Tigre Celta, aumentaron o número de mulleres incorporándose á forza laboral do país. Sen embargo a segregación laboral por xénero segue a estar entre as mais altas de Europa, segundo un novo estudo realizado por Equality Authority (autoridade sobre igualdade) e polo instituto irlandés de investigación económico-social (ESRI) que ven de analizar a participación da muller no mercado laboral irlandés entre 1998 e 2007.

O estudo (A Woman’s Place - Female Participation in the Irish Labour Market) mostra que durante a década analizada preto de 300 mil irlandesas entraron no mercado laboral, subindo a porcentaxe de mulleres empregadas a un 67%. Mentres que o cambio máis radical se rexistrou no sector da poboación feminina con niveis máis baixos de formación; tamén se produciu, sen embargo, un aumento importante no número de traballadoras con estudos universitarios, que pasou de 29 a 43% neste período.

O estudo mostra que tamén se produciu unha feminización de certas ocupacións, como o ensino e a educación infantil. Aínda que o número de mulleres en traballos ata o de agora predominantemente masculinos ten mellorado, a doutora Helen Russell, unha das autoras do informe, dixo que Irlanda ten un dos niveis mais altos de Europa en segregación laboral por xénero.

Por outra banda, o Índice Global de Disparidade entre Xéneros do Foro Económico Mundial, publicado en Outubro, coloca a Irlanda na posición oitava, no que se refire a igualdade de xénero a nivel mundial.


Ligazóns

3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: