Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Espectáculos 2010

O Xacobeo ten por anunciar eventos "realmente grandes", segundo o seu xerente

A Xunta conta con sacar do "abandono" o Monte do Gozo e con abrir no segundo semestre do ano a Cidade da Cultura.

Redacción / Europa Press - 15:23 03/01/2010

O xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, afirmou que na programación deste ano "quedan cousas realmente grandes por chegar" e anunciou que "nas próximas semanas" se darán a coñecer eventos "importantes".

Nunha entrevista concedida a Radio Nacional de España e recollida por Europa Press, o xerente do Xacobeo admitiu que a Xunta aínda traballa "pechando flocos soltos" para a confirmación de novos eventos para o Xacobeo, aínda que admitiu que a cita será "diferente que o anterior" polo momento de "austeridade".

Con estes eventos, Santos sinalou que a Xunta recuperará o Monte do Gozo para que se "converta de novo nun dos centros da programación do Xacobeo". Neste sentido, asegurou que iniciarán os traballos para sacar do "abandono" este recinto mediante un equipo de traballo con arquitectos e profesionais da produción de eventos, que establecerán as "obras mínimas necesarias" para que este recinto "poida acoller programación no verán" deste ano.

Finalmente, resaltou a importancia da apertura, no segundo semestre deste ano, da Cidade da Cultura, para que se converta "no destino cultural do Camiño" e a vocación de permanencia de eventos como o festival Sónar da Coruña.

Banda deseñada
Por outra banda, Cultura e Turismo informou da aprobación dunha orde de axudas que apoiará a creación de proxectos de banda deseñada galega e que contará cun presuposto inicial de 30 mil euros. A actividade subvencionada con cargo a esta orde, cun máximo de seis mil euros por beneficiario, deberá contribuír á normalización da lingua galega e desenvolver as súas accións de publicidade e difusión en galego.


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: