Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Chinchín polos d'A Ría

Infanta Elena, "non é por ti, é polo que representas"

Cunha intensa campaña internáutica, os da Ría desembarcan na Nasa nunha nova e prometedoramente irreverente despedida. Vídeos no interior.

Redacción - 13:35 08/01/2010

Caramba que guapa estás, Galicia’, ‘Chin, chin, chin, polo borrachín do pueblo’ ou ‘Infanta Elena’. Velaí algúns dos grandes éxitos dos cupletistas Arturito Puy (Carlos Meixide) e Fabián Santomé (Tomás Lijó), que na noite deste venres ameazan poñerlle punto e final a doce anos de traxectoria.

Unha noite especial na que Os da Ría estarán acompañados, como é habitual, polo seu grupo electróxeno: Suso Pián (Suso Alonso) aos teclados, Roque (Roi Fernández) ao baixo, e Ramón Reynolds (Ramón Rúa) á batería. Tamén outros personaxes que formaron parte da formación durante esta década de 'galeguidade musical’ como Xose (César Martínez ´Goldi´), Villablino (Xosé Expósito) ou Pepa Yáñez.

 A cita ás 21h30 na Sala Nasa, en Santiago de Compostela.


Ligazóns

4.5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Miradiñas entrevista a Os da Ría

Os da Ría cantan un dos seus clásicos: "Infanta Elena"