Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
PARA AFORRAR ENERXÍA

Empregados públicos só traballarán 5 horas diarias

Os traballadores da Administración pública venezuelana traballarán de 8 a 13:00 horas co fin de aforrar enerxía, declarou o presidente venezuelano Hugo Chávez, no primeiro Consello de Ministros de 2009.

Xurxo Martínez Crespo - 13:19 11/01/2010

Co obxectivo de aforrar enerxía eléctrica o presidente Chávez, durante o primeiro consello de ministros deste ano anunciou a obrigatoriedade dun horario corrido para as oficinas públicas que "será de 8 da mañá a 1 da tarde e comezará a ser efectivo a partires da semana entrante" dixo o presidente Chávez.

"Unha das decisións que están sendo tomadas para aforrar enerxía, é estabelecer o horario continuado nas oficinas públicas, a excepción das oficinas de atención ao cidadán. Continuado desde as 8 ás 13 horas e só en Caracas lograremos aforrar preto de 187 megavatios. Esta é unha das varias medidas que aprobamos".


O presidente Chávez lembrou que estas decisións orientadas ao aforro de enerxía eléctrica estánse tomando dado o baixo nivel rexistrado na represa hidroeléctrica de Guri, a cal subministra o 90% da electricidade que consume Venezuela.

Igualmente lembrou que os baixos niveis de Guri son produto da marcada seca que atravesa o país, produto do cambio climático. "Isto é unha crise mundial", sinalou.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: