Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Á luz do novo decreto

Logo de recortar recursos para linguas a Xunta promete "incentivos" para o ensino de inglés

Malia a supresión de desdobres para as aulas de idiomas e o propio pau ás escolas de idiomas, o Goberno fala agora de trato preferencial a docentes que dean clase en inglés.

Redacción - 10:30 12/01/2010

"É unha evidencia máis de que o do inglés é unha escusa para agochar as verdadeiras intencións do borrador", analizaba este luns Carme Adán, deputada do BNG, ao respecto da anunciada estratexia da Xunta á luz do novo decreto sobre linguas no ensino.

Facía referencia Carme Adán ás declaracións realizadas polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, a unha emisora privada, onde falaba de garantías de trato preferente para mestres que sexan capaces de impartir as súas clases en inglés, independentemente da materia. Para a deputada nacionalista o anuncio de presuntos "incentivos" neste sentido son exemplo dunha clara "contradición" e crean "incerteza" na comunidade educativa. Lembra Adán que na práctica, a Xunta reduciu os recursos para o ensino de linguas para este curso 2009-2010 e, por exemplo, a Consellaría de Educación eliminou os desdobres para as aulas de idiomas usadas polo profesorado de inglés. Na memoria están tamén os recortes nas Escolas Oficiais de Idiomas, que acenderon protestas e mobilizacións nas EOI de todo o país.

Por este motivo, o Bloque realizará no Parlamento unha interpelación ao conselleiro de Educación, para que explique polo miúdo como se van concretar as intencións avanzadas polo presidente. O BNG tamén quere coñecer as medidas correctivas que se prevén "para as diferencias que se poidan crear entre os centros que imparten materias en inglés que non dependan da consellaría". "Asemade, non poden esquecerse tampouco actuacións para que o alumnado poida seguir con aproveitamento pleno as materias impartidas no idioma estranxeiro", engadiu Adán.


4.6/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: