Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Recentemente plantáronse piñeiros na Serra do Courel

rexeita ás repoboacións con especies alóctonas, en espazos protexidos

Verdegaia quere manifestar a súa máis rotunda oposición á política de repoboacións que está a levar a cabo Medio Rural en espazos protexidos da Rede Natura 2000. A plantación de piñeiros no Courel, a última das actuacións desta Consellería polo de agora, pon de manifesto a nefasta política ambiental dunha Xunta de Galicia incapaz de xestionar axeitadamente os lugares máis valiosos da nosa xeografía.

Verdegaia - 12:19 14/01/2010

A substitución das especies autóctonas por especies foráneas supón unha grave ameaza dos ecosistemas, tanto pola perda de biodiversidade que isto supón, como pola alteración das fráxiles relacións existentes entre as comunidades animais e vexetais, que podería conducir á extinción das especies máis sensibles á alteración do seu hábitat.
 
O emprego de especies non autóctonas, ademáis, incumple a lexislación vixente, xa que:
 
- A Lei 9/2001 de 21 de agosto de Conservación da Natureza, no seu título II da Fauna e Flora recolle que "se adoptarán las medidas precisas para regular a introducción e proliferación incontrolada no medio natural de especies distintas ás autóctonas".
- A Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, dentro do capítulo adicado aos Espacios Protexidos Rede Natura 2000,  indica que "as administracións competentes  tomarán as medidas apropiadas para evitar nos espacios da Rede Natura 2000, o deterioro dos hábitat naturales e dos hábitat das especies, así como as alteracións que repercutan nas especies que motivaran a designación destas áreas".
 
Por todo isto, Verdegaia reclama un cambio na política medioambiental da Xunta de Galicia e o emprego de criterios sustentables na xestión dos nosos espazos naturais, ademáis de esixir o emprego exclusivo de especies autóctonas para calquera repoboación a realizar nun espazo protexido.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: