Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ANTE O XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO

A Confraría de Cangas acusa o Concello de prolongar o procedemento xudicial de Massó

Aseguran que o goberno municipal demora a paralización das obras de xeito inxustificado mediante o atraso no envío de expedientes administrativos.

Redacción - 12:45 15/01/2010

A Confraría de Pescadores de Cangas acaba de mover outra ficha contra as obras do porto deportivo de Massó no ámbito xudicial. Perante o Xulgado do contencioso administrativo número dous de Pontevedra presentou un escrito no que denuncia a demora do Concello na paralización dos traballos en Salgueirón, unhas actuacións que consideran que poden repercutir negativamente sobre a súa actividade diaria: a pesca.

Requirimentos sen reposta
Na denuncia acusan o municipio de estar demorando a paralización das obras de xeito inxustificado, mediante o atraso no envío envío de expedientes administrativos. Aseguran que o Xulgado xa requiriu en dúas ocasións (en outubro e en novembro) ao Concello para que remitise os expedientes administrativos tramitados sobre as denuncias presentadas, co obxectivo de reclamar que se paralicen os traballos de construción do porto deportivo.

Pola contra, o goberno local aínda non atendeu a estas peticións, o que para a Confraría é unha "conduta moi grave" que "está a dificultar o coñecemento exacto ou puntual de todas as actuacións realizadas polo Concello ao tramitar a denuncia". Lamenta que con esta actitude o que se está a facer é "aminorar o procedemento xudicial que, previsibelmente, podería levar á paralización definitiva das obras proxectadas en Massó, por carecer de licenza municipal".


Ligazóns

4.86/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: