Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOVIDADE LITERARIA

Marcelino Fernández Mallo volve á novela cun thriller que retrata a vida das clases máis acomodadas

'Klásicos', a súa última proposta narrativa publicada por Edicións Morgante, chega esta semana ás librarías do país.

Redacción - 12:29 18/01/2010

Pode a vida dunha persoa dar un cambio radical en cuestión de segundos? Sen dúbida. Este é o motor de arranque de Klásicos, a segunda novela de Marcelino Fernández Mallo. A obra, publicada por Edicións Morgante, chegará esta mesma semana ás librarías de todo o país. O economista e colaborador de Vieiros proponnos nesta ocasión un thriller psicolóxico regado con xenerosas doses de retranca e no que non falta unha desapiadada crítica social.

O protagonista da novela é un mozo acomodado que vai casar coa filla dun rico industrial. A pracidez da súa vida sofre un punto de xiro cando comete un homicidio involuntario ao intentar bicar á súa asistenta. Mais aló do argumento, a obra debulla a vida da elite social, unha descrición irónica das nosas clases económicas máis altas e das segundas xeracións desas familias.

Fernández Mallo prosegue así o rego literario que abriu en 2005 co libro de relatos Cabilia e que continou tres anos máis tardes coa que até o de agora era a súa única novela: A Trenza.


4,33/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: