"Peor lles foi aos 'matarifes', que se mollaron para nada. Caras longas, moito cabreo e poucas pezas (supondo que houbese algunha)".
Tal e como estaba previsto, numerosas persoas participaron nas protestas contra o 'campionato galego de caza de raposo', que se desenvolveu este sábado nos montes da Cañiza. Na súa web, Matar por Matar, Non fai unha crónica do alí acontecido:
"O único que estaba contento era o presidente das escopetas. Claro que, con 150 mil euros do á, no apartado de 'Entradas', calquera está contento, sobre todo se os que van ao monte se mollan, gastan os cuartos e teñen que madrugar son os demais".
"Se a isto se lle engaden os ingresos por publicidade de Suzuki, Gamo, Chiruca, Deporte Galego, Beretta, seguros diversos, Consellaría de Medio Rural, etc. compréndese perfectamente o amplo sorriso de quen 'administra' todos eses ingresos".
Pero ¿cantos dos 47 raposos segue vivo? ¿Todos? Escaparon... despois da primeira perdigonada... que é o que fan... ao concello do lado...
Eses cránios seica sairon de debaixo da terra coa auga abondosa. Non pode ser que homes tan coidadosos, deportistas e amantes da natureza como os escopeteiros fixeran cousa algunha. Por certo, se escoitades o cocho falar xa sabedes que ha que chamar o veterinario.
Eu abriría a tempada de caza para rebentar cazadores. Todo animal que consiga unha presa, é a preza de outro.
Eu empezaría por el-rei, logo Garzón e Bermejo. Tres mesetarios dun tiro: PIM PAM PUM.