Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Carga policial

As protestas dos bombeiros teñen repercusión mundial

Medios internacionais, como a BBC, publican o vídeo cos duros enfrontamentos que tiveron lugar na Coruña, durante as protestas contra a privatización do servizo.

Redacción - 11:30 01/02/2010

Varios centos de bombeiros de todo o país manifestáronse o venres na Coruña contra a privatización do servizo de emerxencias. O acto de protesta saldouse con duras cargas policiais e enfrontamentos que acadaron repercusión internacional. A marcha partiu da Praza da Palloza e rematou perante a Deputación da Coruña.

Durante o seu percorrido, de case dúas horas, os manifestantes provocaron retencións de tráfico e lanzaron petardos e bengalas. Pola súa banda, os axentes antidisturbios cargaron contra os bombeiros, disparando bólas de goma e usando as súas porras, o que non arredou os manifestantes.

As imaxes dos enfrontamentos saltaron ás pantallas de medio mundo. Así, na web da BBC pódese ver un resumo audiovisual dos feitos baixo o titular 'Violence at Spanish firefighters' protest'.


4.56/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: