Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Lei de caixas e fusión galega

"Din defender Vigo, pero o que defenden é a estratexia de Madrid"

"Ou se está con Galiza ou se traizoa Galiza", exponse no folleto que está a distribuír o BNG, especialmente belixerante co PSdeG e co alcalde socialista de Vigo, Abel Caballero.

Redacción - 13:35 05/02/2010
Tags: BNG caixas

"Ninguén está a defender a día de hoxe a permanencia das caixas galegas tal e como existiron até o de agora", expón o BNG nun folleto baixo o título 'Lei de caixas e fusión galega: defendendo os intereses do país", e non que advirte de que as entidades financeiras galegas "non son viábeis por si soas" e "teñen que aliarse con outras". "Nese escenario é evidente que o mellor para Galiza é que se fusionen entre elas e non con outras foráneas que as acabarían absorbendo", subliñan.

"A lei de caixas é un auténtico antídoto contra o deseño desgaleguizador e privatizador impulsado polo goberno de Zapatero e co apoio explícito de Mariano Rajoy", denuncian. Nun resumo baixo media ducia de apartados sobre o actual conflito arredor da fusión, avisan de que a estratexia derivada da actual situación implicaría a desaparición das caixas galegas como tales. Ao respecto, critican que tal estratexia "infelizmente atopou colaboradores en Galiza, distintos sectores sociais, políticos e económicos que, baixo o disfraz localista, o único que defenden son os intereses de Madrid e da gran banca privada española".

De xeito especial, o texto deseñado polo BNG para a súa difusión entre a cidadanía carga contra o rexedor vigués, ao que acusan de "ocultar" a realidade da situación. E engaden: "Os que din defender Vigo e os seus intereses o único que están a defender en realidade son os intereses dalgún directivo e do poder central, ou sexa, dos intereses dos grandes monstros financeiros españois que teñen no seu deseño a absorción das caixas galegas.


Ligazóns

2.6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: