Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irimia

Xestionado pola Asociación Irimia
RSS de Irimia
O Trasno

O pensionazo

Acendéronse as alarmas da débeda pública. Organismos e expertos alertan do perigo da economía española, na que o Estado debe un equivalente ao 75% do PIB, isto é, do valor de todo o que se produce. E cargan contra o gasto social e as pensións: traballar máis tempo para ter menos pensión. 

Daniel López Muñoz - 18:55 05/02/2010


Cansamos por aquí de dicir que certas medidas preelectorais de Zapatero non tiñan máis xeito có de sempre: repañar unha presiña de votos. Con penosas consecuencias. E coa mensaxe envelenada, como no asunto de devolver 400 euros -e que ninguén reclamara-, de que ao Estado lle sobran os cartos. Era época de superávit. E isto coa cuarta parte da economía somerxida e agachada ao fisco.

Éche unha cuestión de incontinencia. Chegan ao poder e uns, para salvar o posto -tal que así foi o caso de Pérez Varela con Fraga-, teñen unha ocorrencia faraónica, como a cidade da cultura e, outros, para “fidelizar clientes”, fan marabillas. E ao bipartito chegoulle ben de tanta “creatividade gastadora”, argumentada no triste “tamén os outros o facían”: bolsos, bolsas, maletíns, camisetas de curiosa serigrafía, memorias usb, carpetas de deseño, axendas multicolores por triplicado, edicións varias... unha festa, e todo para demostrar que iso non vale para gañar eleccións.

E, despois, cando se produce un avance social, como o da Dependencia, pois resulta que por “universalistas” e “super-guais-europeos” convértese nunha pensión extra, na que tantas veces cobran igual os que teñen dez pisos, como o que non ten nada; o que vive nunha unidade familiar na que entran catro soldos, como a que vive só co seu home (o Estado impuxo o criterio de que só se computen os ingresos do vello e da súa muller). É dicir, que, por modernos e centralistas, facemos dunha medida social algo insostible e pouco social.   Agora falan de recorte de pensións e de máis anos a traballar. Que pola baixa natalidade hai vellos de máis e cotizacións de menos. Ben, pero que se acorden de que hai xente que traballou toda a vida a sacou adiante fillos, que agora cotizan por eles e polos que decidiron lexitimamente absterse de procrear e vivir libres de cargas. Se cadra algo diso habería que ter en conta e, de paso, inaugurar un novo enfoque de apoio á familia e de reversión do desastre demográfico.


2.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: