Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irimia

Xestionado pola Asociación Irimia
RSS de Irimia
O fachineiro do deuteronomio

O xastriño valente

Logo da expectación creada sobre o teor da intervención de Zapatero nesa cousa tan do agrado dos estadounidenses de mesturar a lei divina coa humana -seica tamén o fan en Irán- a verdade é que cómpre recoñecerlle a habilidade que tivo para manexar o evento.

AQ - 19:11 05/02/2010
Tags:

                  
 Tamén foi arguto coa cita do deuteronomio 24, 14: “Non explotarás o xornaleiro, oprimido e pobre, sexa dos teus irmáns ou un dos emigrantes que hai no teu país, nas portas das túas cidades”.  Home, as súas palabras habían ter máis eco se no canto desta cita escollese estoutra do deuteronomio 24, 1: “Se un home colle muller e casa con ela, pero logo, se ela non atopa amor aos seus ollos, xa que el encontrou nela cousas que o fan avergoñarse, entón escribiralle o documento de repudio e entregarallo na man botándoa da casa”. Claro que as palabras saídas dos agnósticos beizos presidenciais son coma a luva da man nos tempos que vivimos  e  atopan a contrafigura nos de Adolfo Dominguez, que o mesmo día defende a “liberalización das relacións laborais”, id est, despedimento libre e, polo tanto, a explotación do xornaleiro e do emigrante (consúltese de paso o made in das etiquetas da súa marca). Enfin, menos mal que alí estaba Feijoo para defender a este valente emprendedor das hordas asalariadas. 


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: