Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
SEGUNDO ANUNCIO DO MINISTRO DE PLANIFICACIÓN E FINANZAS

O Goberno bolivariano emite bonos de débeda pública

O ministro do Poder Popular para a Planificación e Finanzas, Jorge Giordani, anunciou o inicio do programa de colocación de títulos da Débeda Pública Nacional para o primeiro trimestre de 2010.

Xurxo Martínez Crespo - 10:58 09/02/2010

A estratexia de endebedamento, que comezará a executarse a partires da cuarta feira, 10 de febreiro de 2010, permitirá xerar un maior dinamismo no mercado financeiro e controlar, canda o Banco Central de Venezuela, a masa monetaria, precisou un comunicado do Ministerio.

O obxectivo macroeconómico desta emisión consiste en incentivar o crecemento económico mediante o financiamiento de proxectos de investimento, atender os compromisos da República de Venezuela no exterior e lograr un manexo axeitado de pasivos.

O proceso de poxas está apegado á Política de Endebedamento da República para o ano 2010, a cal foi deseñado baixo un marco de coordenación estratéxica e baixo as leis que estabelece a Constitución da República Bolivariana de Venezuela e a Lei Orgánica de Administración Financeira do Sector Público, destaca o comunicado.

A fin de executar a Lei Especial de Endebedamento Anual 2010, deseñouse un novo instrumento que garante un rendemento atractivo ao sistema bancario, mantendo un equilibrio entre o custe e o prazo da débeda. 

Neste contexto, se incentiva a creación dunha nova curva de rendemento con base a Vebonos, amortizábeis, que permite xerar novas alternativas de investimento para a poboación venezuelana, a partir de poxas que se realizarán semanalmente e que nunha primeira xeira estarán dirixidas a captar recursos do sistema bancario por un monto de 800 millóns de bolívares (130 millóns de euros).

O cronograma de poxas semanais será publicado no site do Ministerio do Poder Popular de Planificación e Finanzas (www.mppef.gob.ve) e da Oficina Nacional de Crédito Público (www.oncp.gob.ve) e os termos e condicións para cada poxa no site do Banco Central de Venezuela (www.bcv.org.ve).


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: