Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A crise cébase co téxtil

Kina Fernández propón despedir máis da metade das traballadoras

A empresa, que suspendeu pagamentos, culpa os bancos de negarlle un crédito para salvar a precaria situación económica.

Redacción - 10:26 12/02/2010
Desfile de Kina Fernández

Desfile de Kina Fernández

O téxtil galego segue coas luces vermellas acesas. Volvoreta SA, a empresa da deseñadora Kina Fernández, acaba de entrar en suspensión de pagos. A firma coruñesa afirma que terá que botar á rúa a 26 das 46 traballadoras que ten na actualidade. A medida afectaríalle á fabrica que ten na Coruña e ás tendas que ten nesta cidade e máis en Madrid e Ávila utilizando un ERE que aínda non se presentou oficialmente.

A empresa solicitou concurso de acreedores a finais de decembro e o 21 de xaneiro un xulgado decidiu declarala en suspensión de e nomear un administrador externo. En total, a firma de Kina Fernández adebeda máis de 2,6 millóns de euros. Segundo os datos da propia compañía, o 2008 foi un ano moi negativo para a súa actividade comercial que se pechou con perto de 600 mil euros de perdas

Segundo recolle o diario La Opinión de A Coruña, a empresa afirma que a situación é peor porque os bancos néganse a financiar un plan de viabilidade, ao considerar que Volvoreta non vai poder devolver os empréstimos. Pola súa parte, as traballadoras temen que Kina Fernández opte pola deslocalización da produción a outros países para intentar unha recuperación reducindo notabelmente os custes salariais.

Montoto comeza a levantar o voo

A empresa lalinense Montoto comeza a erguer cabeza logo dunha forte e custosa crise que destruiu 111 postos de traballo. A firma, unha das máis importantes do estado na fabricación de xénero de punto, saíu do concurso de acreedores esta mesma semana cun plan de viabilidade que lle dá un futuro, cando menos provisional, a 130 operarios. A compañía da comarca do Deza sinalou este xoves que afrontan con “optimismo” o 2010.


2.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: