Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O SARILLO DAS ENTIDADES FINANCEIRAS

Losada quere para A Coruña todas as sedes da posíbel caixa única

O rexedor coruñés advirte que a cidade é "a capital financieira" de Galicia e non sería facilmente explicábel que o deixase de ser.

Redacción - 11:07 13/02/2010

  No caso dunha fusión entre Caixa Galicia e Caixanova "a sede do seu consello de administración, a asemblea xeral, a comisión de control, a obra social, a fundación, as corporacións empresariais, a dirección xeral e a presidencia da nova entidade deben estar na Coruña, porque é a capital financieira de Galicia", sinalou este venres o alcalde herculino, Xavier Losada, nun pleno extraordinario celebrado nesta cidade.

Losada entra así de cheo na guerra localista que xa abandeira dende hai semanas o seu colega vigués Abel Caballero. O movemento é un claro posicionamento fronte aos plans da Xunta, que pretendería rematar coas liortas norte-sur cun reparto equilibrado de sedes da posíbel caixa resultante.

Como xa informabamos no pasado mes de setembro, a capitalidade, canda o futuro dos altos cargos, é un dos principais obstáculos (a maiores dos movementos do goberno español) para unha fusión de entidades. Naquel entón, a Xunta non descartaba unha "solución salomónica" que pasaría por establecer unha sede central en Compostela e dúas sedes (a operativa e a social) nas outras dúas cidades.


1.67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: