Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
NA INDIA

Linguas esquecidas nunha chamada telefónica

Un novo medio de comunicación ofrece á cidadanía a posibilidade de informar do que acontece no seu propio idioma, as máis das veces descoñecido polos xornalistas.

Redacción - 12:35 18/02/2010

Segundo as estatísticas oficiais, A India conta con 30 linguas recoñecidas oficialmente e perto de dous milleiros de dialectos que se falan ao longo de todo o seu territorio. A profusión idiomática fai que moitos xornalistas descoñezan a meirande parte dos idiomas, máis alá do hindú e o inglés, e, en consecuencia, unha boa parte da poboación non ten acceso á información na súa lingua materna.

A tecnoloxía ao servizo da lingua
Agora, a utilización da telefonía móbil e da súa tecnoloxía vai permitir o desenvolvemento dun novo medio de comunicación que ofrecerá diversidade idiomática. O proxecto, no que está a traballar Microsoft Portugal en colaboración co Massachusetts Institut of Technology, permitirá que tanto xornalistas como cidadáns deixen gravacións de voz nas que informen sobre a actualidade que, á súa vez, serán accesíbeis para todas as persoas que queiran escoitar as últimas noticias.

Este sistema permitirá, dunha banda, informar en linguas esquecidas como o gondi e o kuduk (faladas por tribos da India central), e da outra, facilitar o acceso á información dunha poboación con alto número de analfabetismo. Acotío, os medios de comunicación non abordan cuestións tribais, xa que a maioría dos xornalistas non entenden as súas linguas. Agora, bastará coa marcación dun número telefónico para que por exemplo os Gondos (que viven en cinco estados diferentes) poidan saber o que sucede na súa propia lingua. Con este novo formato, terán unha fiestra aberta á información aqueles que nunca tiveron voz propia.


4.5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: