Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Acusacións a Turgalicia

A vaga privatizadora chega á xestión turística

O BNG censura que unha empresa privada se faga cargo da promoción do turismo rural.

Redacción - 11:00 21/02/2010

A voceira do grupo parlamentario do BNG en materia de Turismo, Carme Adán, presentará na Cámara unha iniciativa a través da cal reclama da Xunta "os motivos da renuncia de Turgalicia a desenvolver unha xestión de carácter público en beneficio dunha empresa privada".

A interpelación do Bloque chega ao coñecerse que durante o mes de febreiro as casas de turismo rural están recibindo unha comunicación escrita onde se lles di que Turgalicia deixa de ofrecer o servizo central de reservas, e que este será, a partir de agora, responsabilidade dunha empresa privada. Engade a misiva que "a empresa gañadora é Ruralgest e que os seus técnicos poranse en contacto cos responsábeis das casas de turismo rural para informalos da implantación do novo sistema de xestión". A deputada nacionalista esixe que a Consellaría de Cultura e Turismo explique os motivos desta privatización "e que transformación tecnolóxicas se prevén con esta nova ferramenta que suporá para as arcas públicas 192 mil euros".


4.33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: