Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN AFGANISTÁN

Outro ataque “errado” da OTAN mata 19 civís

A ISAF bombardeou un grupo de vehículos con mulleres e nenos ao sur do país ao confundilos con insurxentes.

Redacción - 10:30 22/02/2010

A ISAF, as forzas da OTAN en Afganistán, matou este domingo 19 civís en Afganistán, segundo denunciou o goberno afgano e xa recoñeceu a propia OTAN.

Ocorreu na provincia de Uruzgán, no sur do país. O ataque foi lanzado sobre un grupo de furgonetas con poboación civil que se desprazaba por unha das estradas locais e, segundo os atacantes, foron confundidos con insurxentes. Con todo, aínda non está claro o número de vítimas, xa que o portavoz do Ministerio do Interior de Afganistán, Zmari Bashari, fala dunhas 27 persoas mortas.

Pola súa parte, o mando das forzas da OTAN en Afganistán informou de que o ataque aéreo foi executado contra tres vehículos nos que podían desprazarse reforzos para os talibáns daquela área. Porén, malia recoñecer o bombardeo, non confirmou o número de cantas persoas perderon a vida, se ben difundiu un comunicado solicitando desculpas polas mortes.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: