Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Forzados a participar no conflito"

O número de ataques a indíxenas de Colombia aumentou durante 2009

Un informe elaborado por Amnistía Internacional culpa as forzas de seguridade, os paramilitares e os grupos guerrilleiros de homicidios, secuestros e outros abusos.

Redacción - 17:15 23/02/2010
Zonas indíxenas (ampliar)

Zonas indíxenas (ampliar)

Amnistía Internacional denunciou este martes un aumento dos ataques contra os indíxenas en todo o territorio de Colombia durante 2009. A organización culpa "as forzas de seguridade, os paramilitares e os grupos guerrilleiros".

Entre os abusos, inclúense "homicidios, desaparicións forzosas e secuestros, ameazas, abusos sexuais contra mulleres, recrutamento de nenos e nenas soldados, desprazamento forzoso e persecución de dirixentes indíxenas".

"Os indíxenas sofren cada vez máis ataques en Colombia", afirmou Marcelo Pollack, investigador de Amnistía Internacional sobre o país. "Fórzanos a participar no conflito armado e estanos a botar das súas terras", engadiu, e reclamou a actuación inmediata do goberno.

Segundo cifras da Organización Nacional Indíxena de Colombia, polo menos 114 mulleres, homes e nenos indíxenas foron vítimas de homicidios e milleiros fórono de desprazamento forzoso só en 2009, casos case todos que as autoridades eludiron investigar.


4.2/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: