Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ELECCIÓNS O VINDEIRO 5 DE MAIO

Fernández Prieto confirma a súa candidatura ao reitorado da USC

A comunidade universitaria elixirá o seu novo reitor entre Laura Sánchez Piñón, Mercedes Brea, Xaime Gómez e Fernández Prieto.

Redacción - 08:10 25/02/2010
Fernández Prieto, candidato de Universidade Aberta, exerceu como vicerreitor de Relacións Laborais co actual equipo de goberno

Fernández Prieto, candidato de Universidade Aberta, exerceu como vicerreitor de Relacións Laborais co actual equipo de goberno

No primeiro día despois da convocatoria formal das eleccións ao reitorado da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Lourenzo Fernández Prieto confirmou a súa candidatura. O catedrático de Historia Contemporánea aspirará a suceder a Senén Barro, xunto cos outros tres candidatos que xa confirmaron a súa concorrencia ás urnas: Laura Sánchez Piñón, Mercedes Brea e Xaime Gómez.

De acordo co calendario electoral fixado, o prazo para a presentación de candidaturas remata o vindeiro 7 de abril e, até entón, poden aínda aparecer máis candidatos. De feito, tamén se dá por segura a presentación de Xoán Casares Long, quen xa optara á reitoría na última cita electoral. Os comicios celebraranse o 5 de marzo e, no caso de que algunha das opcións consiga a maioría absoluta, a proclamación oficial terá o lugar o 18 de maio. No caso contrario, volvería votarse o día 24.

Canta máis competencia mellor”
Lourenzo Fernández Prieto cualificou a súa decisión como un acto “moi sinxelo pero moi comprometido” e debullou as razóns que a motivan: o seu “orgullo por formar parte da Universidade de Santiago de Compostela”, a súa “absoluta confianza na USC” e “na capacidade da comunidade universitaria que a conforma”. Preguntado sobre se é conveniente que haxa moitas candidaturas nestas eleccións, afirmou que “canta máis competencia mellor será o resultado e máis valor terá o elixido” e asegurou “apostar por unha universidade en positivo”.


Ligazóns

4.5/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: