Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A entrega o próximo outubro na Coruña

Guadi Galego gaña con 'Benzón' os premios folk da Opinión

Os álbumes de Caramuxo e Nova Galega de Danza, empatan na segunda posición.

Redacción - 18:30 01/03/2010
Guadi Galego

Guadi Galego

"Guadi Galego decidiu apostar forte no seu debut en solitario e enleouse nun proxecto moi ambicioso no que contou cunha chea de colaboradores, tentando así darlle sentido e unha forma específica a cada tema do repertorio", así o analiza na súa bitácora Óscar Losada, ao tempo que anuncia do triunfo de Guadi Galego nesta IX edición dos Premios Opinión ao mellor disco folk do ano: "Con produción propia investiu os cartos nun soño que se converteu en realidade co seu traballo e que agora se ve recompensado coa elección como mellor disco folk do ano".

Antes deste Benzón, a cedeirense xa saltara ao palmarés dos premios Opinión en ocasións anteriores. Na primeira edición, e formando parte de Berrogüetto, e unha segunda vez por partida dobre, no segundo posto con Berrogüetto e no primeiro coa formación Nordestin@s, proxecto compartido por Guadi Galego coa cantante Ugía Pedreira e co pianista Abe Rábade. Outro segundo posto obtivérao tamén co disco realizado en colaboración con Guillermo Fernández como o dúo Espido.

Doutra volta, hai que salientar tamén o segundo posto elixido polo xurado no certame deste ano, que se resolveu ademais con empate entre Caramuxo e Nova Galega de Danza. O xurado destacou o seu carácter "rompedor" no panorama musical galego. A entrega dos premios, sen data fixa aínda, será o próximo mes de outubro no Teatro Rosalía de Castro, na Coruña.


4,09/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: