Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CARAVANA REIVINDICATIVA

Música contra o asfalto e o formigón

Cangas acolle esta fin de semana o oitavo concerto da programación que organiza “Galiza non se vende” por todo o país.

Redacción - 11:30 06/03/2010

Selegal (música tradicional africana), Lost name (rap), Codia e miolo (teatro humorístico), Chacarrandaina (música tradicional galega) ou O Neto de Manoel. Estes son algúns dos grupos que actuarán este sábado en Cangas no marco do oitavo concerto da Caravana Reivindicativa de Galiza non se Vende.

Será o último dos concertos previstos antes da grande manifestación que acollerá Santiago de Compostela o próximo 21 de marzo en defensa do territorio: “a terra, o mar, o aire, os ríos... e os recursos naturais todos”. “Asfalto e formigón non son progreso”, din dende a organización, “as políticas de destrución ambiental e social son absurdas e suicidas, por moito que haxa quen se lucre con elas”.

Así, recordando o seu xa clásico, “goberne quen goberne, Galiza non se vende”, convocan a toda a cidadanía a achegarse esta fin de semana até o Centro Social A Tiradoura de Cangas, e a próxima á manifestación en Compostela. Velaquí o programa:

Sábado 6 de Marzo: CONCERTO
Ás 21:00 h. no Centro Social A TiradouraSelegal (Música tradidicional africana)
Lost Name (Rap)
Codia e Miolo (Teatro humorístico)
Chacarrandaina (Música tradicional galega)
O neto de Manoel  ....


Domingo 21 de Marzo: MANIFESTACIÓN CONTRA A DESTRUCIÓN DO TERRITORIO
aś 12:00 desde a Alameda.
Pola defensa do litoral.
Por unha ordenación racional do terrtorio.
Pola soberania alimentaria e enerxética.
Por outro modelo de transporte.
Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende
Terra viva e vida digna para tod@s 


Ligazóns

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: