Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DESMÁRCASE DAS TESES POPULARES

Fraga está en contra das touradas

O presidente fundador do Partido Popular asegurou que “a título persoal” estará sempre ao carón dos que “simpatizan co gando que sofre”.

Redacción - 13:00 07/03/2010

O que fora presidente da Xunta, Manuel Fraga, contradixo esta fin de semana as teses populares en defensa das touradas no Estado Español. Lonxa da posición do seu partido na defensa das corridas de touros, o presidente fundador do PP asegurou que “a título persoal” el sempre estará “ao carón dos que simpatizan co gando que sofre”.

Malia asegurar que non quería tomar partido na polémica sobre a posíbel prohibición das touradas en Cataluña, Fraga recordou que xa a súa avoa, “que acudiu un día a unha corrida de touros” pensaba que “non se podía tratar ao gando dese xeito”.


4.83/5 (18 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: