Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NORMALIZACIÓN

Os sindicatos denuncian que Educación quere sacar o decreto antes dun festivo para minguar o rebumbio social

A CIG dá por seguro o anuncio será en vésperas da ponte do 19 ou xusto antes de Semana Santa. O STEG critica que a Xunta filtre a un medio contidos do decreto.

Redacción - 19:35 11/03/2010

Se o borrador do decreto de linguas no ensino se anunciou pouco antes de fin de ano e coas escolas pechadas, o texto definitivo aprobarase o vindeiros xoves (xusto antes da ponte do 19) ou aproveitando a chegada da Semana Santa. Isto é polo menos o que sospeita a CIG-Ensino logo da xuntanza da mesa sectorial.

No encontro a CIG fixo fincapé no relativo aos Equipos de Normalización, que pasan a chamarse “Equipos de dinamización da lingua galega” e “non recolle nin a súa composición, nin as súas funcións, cuestións ambas que deben formar parte deste tipo de regulamentos”.

Pola súa parte o STEG fixo fincapé no feito de que a Consellaría de Educación filtre aspectos do decreto “a través dun único medio de comunicación, sen dalo a coñecer previamente aos lexítimos representantes do profesorado”. Dende esta organización consideran inconcebíbel que xusto antes da xuntanza se producisen as filtracións.

O STEG fixo unha protesta formal tanto pola desconsideración ao profesorado como pola falla de “ética política e responsabilidade institucional ao primar un medio sobre outros na información institucional”. Segundo denuncian, un representante do Goberno presente na mesa respostou que “a consellaría ten capacidade de informar das súas accións como e cando desexe”.


4.64/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: