Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A VINDEIRA SEMANA NO PARLAMENTO

O PSdeG apoiará ao PPdeG á hora de sacar adiante a Lei do Solo

Os socialistas xustifican o voto positivo polo feito de que as modificacións poden acabar blindando espazos naturais como Cabo Touriñán.

Redacción - 19:21 17/03/2010
Cabo Touriñán

Cabo Touriñán

Os socialistas votarán a vindeira semana a prol da modificación da Lei do Solo que promove o PPdeG. O PSdeG xustifica esta viraxe logo de que os conservadoers incluísen unha serie de requisitos a maiores para a autorización de instalacións acuícolas en Rede Natura. Este partido considera que con estes cambios se inviabilizan proxectos como o que estaba previsto en Cabo Touriñán.

O PPdeG celebrou o acordo que permitirá “ que na costa galega se poidan instalar piscifactorías coas máximas garantías de sostibilidade”. O deputado conservador Román Rodríguez subliñou que, no se refire a Touriñán, o proxecto haberá que avalialo “de xeito específico en base á normativa europea, que será o eixe de decisión á hora de darlle luz verde ou non a unha instalación acuícola”.

O BNG non se sorprendeu polo acordo entre 'populares' e 'socialistas'. A deputada nacionalista, Teresa Táboas, insinou que no fondo as dúas formacións comparten o “mesmo modelo” en materia urbanística. Dende o Bloque sinalan que non está claro que as modificacións sirvan para deter proxectos como o de Touriñán, como si asegura o PSdeG.


2.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: