Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Miles de "devotos"

A xente nova réndese á Santa Resaca

Por quinto ano consecutivo, a parroquia fradesa de Añá celebra a Festa da Mocidade, que contará coas actuacións de Olympus e Ciclón.

Redacción - 09:30 01/04/2010
Imaxe de Santa Resaca

Imaxe de Santa Resaca

O 1 de abril, a parroquia de Añá, en Frades, volve celebrar a Festa da Mocidade, na honra de Santa Resaca. A celebración chega á súa quinta edición, mentres que a "santa" só ten tres anos de antigüidade. A imaxe creouna un veciño da aldea fradesa, que moldeou unha figura con forma de muller, cunha botella nunha man e un vaso noutra, que recibiu o nome de Santa Resaca.

A figura presidirá as celebracións dende un "altar" e mesmo sairá en procesión polos arredores do campo da festa. Este xoves, a partir das once da noite, comezará unha noite de verbena até altas horas a cargo das orquestras Olympus e Ciclón.

Milleiros de mozos e mozas, tanto de Frades como doutros concellos da comarca, reuniranse na festa, que conta coa colaboración do concello. Os organizadores aspiran a, cando menos, repetir o éxito da pasada edición de Santa Resaca, á que asistiron unhas tres mil persoas "devotas". Teñen preparadas varias parcelas para o aparcamento e unha carpa que cubrirá o campo da festa de Añá por se acaso chove.


4.11/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: