Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PARA MARIÑEIROS, NÓS

Pinto e Cobiñas preparan o seu salto á grande pantalla

Diferentes cadeas de televisión interesáronse pola serie dos mariñeiros da Costa da Morte, que xa está a gravar os episodios dunha nova tempada.

Redacción - 12:10 05/04/2010

Pinto e Cobiñas xa están a preparar a súa volta nunha cuarta tempada. O equipo de produción de “Para Mariñeiros, nós”, a mini-serie dirixida por Omar Rabuñal e protagonizada por Suso Lista e Manolo “Cobiñas”, está a gravar novos episodios na vila de Corme, que verán a luz en internet antes de que remate este mes de abril. “A bendición”, “Capadores” ou “O berro adorecido” son algúns dos títulos destes primeiros cinco capítulos que prometen facernos escachar coa risa.

Desta volta, o equipo de rodaxe é máis amplo e incorpora novas personaxes. Entre as novas incorporacións destaca a presenza de Vicente de Souza, no papel de Raimundo, o taberneiro, así como a volta de Ricardito, o sobriño de Cobiñas, interpretado polo actor Pedro Brandariz.

Máis e máis seareiros
Dende o seu blog, os creadores da serie xa adiantan que “o salto á televisión é inminente”, logo do éxito acadado en internet, e confirman o interese de diversas canles. Algún dos seus episodios xa superou as 13 mil entradas no youtube, unha mostra do interese espertado polas aventuras e desventuras de Pinto e Cobiñas.

Ademais, a súa páxina no facebook xa xuntou máis de 1.200 seareiros en tan só unha semana. Alí podemos atopar máis fotografías da rodaxe, ligazóns e outra información da serie. Asemade, adiantan que, en breve, poderemos adquirir as xenuínas camisetas de “Para mariñeiros, nós”.


Ligazóns

5/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Pinto e Cobiñas xa teñen máis de 1.200 seareiros no facebook
Pinto e Cobiñas xa teñen máis de 1.200 seareiros no facebook
Esta é a súa cuarta tempada e diversas cadeas de televisión xa se interesaron polo formato
Esta é a súa cuarta tempada e diversas cadeas de televisión xa se interesaron polo formato
Este ano, o equipo de produción é máis amplo e incorpora novas personaxes
Este ano, o equipo de produción é máis amplo e incorpora novas personaxes