Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nun acto da Conferencia Episcopal chilena

Alto cargo do Vaticano relaciona homosexualidade con pedofilia

O secretario de Estado do Vaticano, Tarcisio Bertone, realizou as polémicas declaracións na súa visita a Santiago de Chile.

Redacción - 09:00 13/04/2010
Edificio do goberno do Vaticano / Imaxe Wikipedia

Edificio do goberno do Vaticano / Imaxe Wikipedia

"Demostraron moitos psicólogos, moitos psiquiatras, que non hai relación entre celibato e pedofilia", afirmou o secretario de Estado do Vaticano, Tarcisio Bertone, na súa intervención na 99ª asemblea da Conferencia Episcopal de Chile, "pero moitos outros demostraron, e dixéronme recentemente, que hai relación entre homosexualidade e pedofilia". Así se despachou o alto cargo do Vaticano diante dos cregos chilenos, en referencia aos escándalos por abusos sexuais a cativos que en todo o mundo veñen saíndo á luz nos últimos tempos no ámbito da Igrexa católica.

As palabras de Bertone axiña causaron reacción desde o Movemento de Integración e Liberación Homosexual de Chile (Movilh), desde onde o seu voceiro, Rolando Jiménez, reprochou a estratexia das xerarquías católicas de tratar de escapar da "responsabilidade política, ética e xudicial" que os envolve no "encubrimento de sacerdotes pedófilos". "O de hoxe é asqueroso, sinistro, de parte dunha personaxe da envergadura de Bertone", censurou.

Para ampliar:


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: