Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ELECCIÓNS USC

Os candidatos a reitor buscan votos na rede

Os sete aspirantes contan con páxinas persoais en internet e moitos deles xa procuran novos seareiros nas redes sociais.

Redacción - 10:40 25/04/2010

Internet converteuse xa nunha ferramenta fundamental da comunicación á que ningún candidato á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC) quixo renunciar. As webs electorais abrollaron nos últimos días á quentura dunha campaña que se vén de iniciar e que rematará o próximo 4 de abril, coa xornada de reflexión.

Os sete candidatos contan cunha páxina persoal, con deseños que van dende a sobriedade da proposta de Xaime Gómez Márquez (jaimegomezmarquez.org) até as apostas máis complexas, como as de Laura Sánchez Piñón (eucreofuturo.org) ou Lourenzo Fernández Prieto (conlourenzo.org). A última en chegar á rede é Mercedes Brea (mercedesbrea.org), que se suma así aos demais aspirantes que presentan as súas propostas vía internet: Xoán Casares Long (juancasareslong.com), Xoán Varela Durán (jvareladuran.blogspot.com) e Pilar Bermejo (pilarbermejo.gestiondecuentas.net).

Mais a súa incursión en internet non remata aquí: tanto Casares Long, como Varela Durán, Bermejo e Fernández Prieto contan con perfil en facebook. Asemade, sumáronse ao twitter Sánchez Piñón, Pilar Bermejo e Fernández Prieto e fan a súa aposta audiovisual no youtube Varela Durán (VarelaReitor) e o propio Fernández Prieto. Doutra banda, Fernández Prieto e a ex-conselleira de Educación contan con flickr, mentres que esta última é unha dos tres candidatos que escriben as súas reflexións nos seus blogs (ademais de Pilar Bermejo e Xoán Varela).


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Páxina persoal de Xoán Casares Long
Páxina persoal de Xoán Casares Long
Páxina persoal de Laura Sñanchez Piñón
Páxina persoal de Laura Sñanchez Piñón
Páxina persoal de Lourenzo Fernández Prieto
Páxina persoal de Lourenzo Fernández Prieto
Páxina persoal de Mercedes Brea
Páxina persoal de Mercedes Brea
Páxina persoal de Pilar Bermejo
Páxina persoal de Pilar Bermejo
Páxina persoal de Xoán Varela
Páxina persoal de Xoán Varela
Páxina persoal de Xaime Gómez
Páxina persoal de Xaime Gómez