Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Galegos de Bos Aires.

O pasado 8 de abril Xosé Martínez Romero fixo un comentario editorial no programa de radio que dirixe, “Nos, os galegos –Galiza como Nazón-“, que provocou moita participación por abordar un tema que interesa profundamente ós emigrante e a súa descendencia: a naturaleza da galeguidade nestas terras e o seu futuro. Vieiros Bos Aires pon a disposición o texto escrito e enviado polo mesmo autor.

- 00:15 13/04/2000
Tags:

Galiza ten varios centos de anos de existencia. Diría eu, con certa presición, que ten varios miles de anos de vida. Consideremos hoxe, con fins didácticos, unha vida institucional autónomica no seo dunha comunidade de nacións que conforman un Estado que conta con leises abundantes mais non sempre suficientes para asistir ás necesidades de todol-os seus cidadáns.

Témol-o ben craro que iste é un Estado organizado fai moi pouco tempo, logo dunha cruel guerra “incivil” e unha dictadura que parecía “inmorrente”. O Estado marcha ainda que teña que acadar unha organización máis moderna, menos ríxida, vencellada aos tempos que corren e coa ollada atenta posta na influencia negativa da globalización e das esixencias de outros estados, non sempre tan democráticos e mais afeitos os costumes imperialistas e monopolizadores.

O refrán popular dí: “O costume fai a lei” asegurando a continuidade dun xeito de vida ou procederes legáis que producen hábito. Temos, entón, hábitos ou costumes que axudan a manter á nosa identidade como pobo. Así foi ao longo dises miles de anos de existencia da nosa nacionalidade.

Mais ¿qué sucede si esos costumes ou ises hábitos, novos ou modernizando vellas retrancas dos caciques do poder, van contra á vontade ou contra as necesidades do pobo? Ises hábitos fanse lei e logo diránche: “Ista é a lei e ti tes que che someter a ela!

Isto non vai dacordo co conceito que eu teño da liberdade e da condición de home libre, sen que pensedes unha chisca na miña conducta como anarquista. Eu sigo ás leises. Sempre que non ataquen, rachen ou prohiban os meus dereitos humáns fundamentáis.

Un dereito que eu teño, e que ti muller que me escoitas ou ti home emigrante preocupado pola túa cultura que tamén me escoitas tés, e que é o dereito a elexir sermos galegos.

¿Pódese elexir sermos galegos ou nácese galego nun territorio prefixado? Pode que sí, que esteamos trabucados e que teñan razóns suficientes os que afirman o contrario, sexan nacionalistas galegos ou nacionalistas españóis. ¡Que sí, home, que os hai! Si eu non podo sentirme galego porque nacín en Bós Aires entón tamén conto coa solidaridade da Súa Maxestade, El Rei de España, que nascéu en Roma.

¿Pensa alguén que non tolee que preside o Estado un Rei italián? ¿E non será tan tolo quen pensase que eu non son galego porque non nacín na Galiza? Toleas, meu amigo. El Rei é español i eu son moi galego.

¿E que preocupa o meu esprito galego nistas terras do alén-mar tan lonxanas disa terra que amóu o mesmo Deus cando a fíxo con tanta beleza e amara Sant-Iago cando a visitara e contrastara o seu verdor coa desértica visión da súa terra de orixe?

Preocúpame á vida dos arxentinos nista Arxentina tan belida como a mesma Galiza. Preocúpame o nosos níveis de vida nunha América tamén ameazada polos mesmos imperialistas, agora coa máscara do entroido globalizante. Preocúpame Bós Aires e por iso dígovos que participedes nas súas actividades. Por unha formación de moitos anos e unha historia persoal que é a mesma de moitos de vós que me escoitades, preocúpame tamén a vida dos emigrantes galegos, dos seus fillos e netos, e da mantenza e desenrolo da súa cultura. Son un arxentino, fillo de galegos, preocupado pola xente que habita na Arxentina e na Galiza. ¿Tan pecaminosa ou estrana é a miña conducta? ¿Ou tamén é a vosa? Contádeme, chamádeme, mandádeme cartas dicindo o que pensades porque nistes últimos meses penso que toleo defendendo, co pé firme niste chan fermoso, o noso dereito de emigrantes a sermos considerados do mesmo xeito, medidos coa mesma vara, acochados cos mesmos coidados como fan ou deberían facer cos galegos que viven alá, na nosa Terra.

Tendes moita consideración de min cando fago istes comentarios porque sabedes canto amo á Arxentina e canto amo á Galiza. E canto amo aos meus pais, emigrantes galegos que morreron eiquí sen retornar endexamáis á sua aldea de San Isidro de Montes, en Campo Lameiro, Pontevedra, onde ambos nasceran. A vosa consideración parte do feito que ista Audición, “Nós, os galegos – Galiza como Nazón” intenta transmitirvos, niste pequeno traballo semanal, o último e novidoso que sucede na nosa Terra.

Lemos, fai poucos instantes, o mellor que acontece hoxe mesmo, nistas horas, na Galiza.

Buscando isas novas para vós lín, hoxe, na Internet dúas novas que falan do enorme porvir que agarda por nós: Nunha páxina un debate nas instalacións do Balneario de Mondaríz sobre o futuro da Galiza no ano 2020, á sua identidade e a globalización e noutra un Proxecto Galiza 2010 de investigación polos expertos máis destacados en cada eido da nosa realidade.

Ambas iniciativas teñen como obxectivo prioritario “coñecer as demandas e necesidades da sociedade galega nos ámbetos social, económico e cultural, elaborando conclusións que permitan orientar a acción cara ao ano 2020”.

Non atopéi novas tan importantes que pensaran nas necesidades dos emigrantes que, por milleiros, deixaron a Terra expulsados por isas condicións socio-económicas. Nin unha soia preocupación nos periódicos sobre as nosas necesidades. Somentes vinme reflectido no navegador XIS que ten unha páxina adicada a Bós Aires e outros colectivos emigrantes no mundo.

¿Pensarán en nós no ano 2020? ¿Existiréi eu, ti Carme, ti Xosé Miguel, ti Xan, ti María, ti Paco, ti e ti e ti e ti, ouvintes dista audición que todol-os sábados apoian a laboura distes tolos que defenden os dereitos que aprobaramos todos na Constitución, no Estatuto da Autonomia, no Parlamento Galego, nos Municipios, nas Deputacións, e na Casa do Demo que os levóu?

Debemos reclamar. Debemos pedir polos nosos dereitos. Debemos conquerir as consideracións que merecemos. Debemos sermos atendidos como cidadáns de primeira clase. Debemos ser galegos todos, os nados na terra e os nados na emigración. Galegos todos dunha Galiza única e inmorrente.

¿Ou fárase costume iste xeito de tratamento daqueles que deixaron todo por mor da situación socio-económica que agora os expertos tratarán, cómodos, no Balneario de Mondariz?

“O costume fai a lei” dí o refrán popular. Que non se faga o costume lei connosco e o ano 2020 atopenos fora da consideración dos nosos irmáns.

Que a lei xa a fixeran homes de ben, os bós e xenerosos, fai moito tempo atrás. Unha aperta, irmáns galegos, para todos vós ouvintes e para aqueles que quedaron na Terra. Deica o ano 2020.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: