Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ELECCIÓNS USC

Sánchez Piñón: "Lidero un proxecto de futuro, que aposta pola xente nova"

A ex-conselleira de Educación presenta unha candidatura que se autodefine pola defensa dun proxecto común de alumnos, profesores e PAS. Vídeo no interior.

Isabel G. Couso - 10:30 28/04/2010

"Crea futuro". Ese é o lema baixo o que presenta as súas propostas Laura Sánchez Piñón (Bos Aires, 1954) para ser reitora da Universidade de Santiago de Compostela (USC). A ex-conselleira de Educación e de Ordenación Universitaria polo PSdeG defende agora un proxecto independente que aposta, di, por un "proxecto común", que "conta con todos os colectivos, estudantes, profesores e PAS", no que prime "a participación e o compromiso".

Sánchez Piñón presenta un programa que está baseado en cinco grandes áreas: estratexia internacional; formación e mellora docente; investigación e políticas institucionais; planificación e recursos; e outro apartado adicado especificamente ao Campus de Lugo. Máis polo miúdo, xa deu a coñecer outros compromisos máis concretos, como un programa de axudas para novos investigadores, un plan de inserción laboral para novos titulados ou un servizo de autobús que conectaría os campus de Compostela e de Lugo.

Alén destas propostas, subliña a importancia da xente nova na súa candidatura: "temos unha universidade que podemos considerar envellecida e é moi importante que as novas xeracións formen parte dos cadros docentes e das equipas de goberno", explica. Ao respecto dos posíbeis pactos que puideran conformarse nunha segunda volta, Sánchez Piñón non adianta alianza algunha: "iso dependerá a definición de cada programa e do que diga a comunidade universitaria, só entón será o momento de falar".

Outros candidatos:


1.8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: