Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Gran paso do Cerceda cara á salvación

O Liceo da Coruña aguanta no cumio a presión de Barcelona e Vic

Os galegos continúan líderes da OK Liga con 68 puntos, mais os cataláns con 67 e 66, respectivamente, písanlle os calcaños.

Redacción - 11:30 03/05/2010
O Liceo, a catro xornadas da OK Liga

O Liceo, a catro xornadas da OK Liga

A loita polo título da OK Liga de hoquei sobre patíns segue a lume vivo logo de se disputar esta fin de semana a 26ª xornada da competición. O Liceo da Coruña (68 puntos) aguanta o liderado, aínda que con Barcelona a un punto de distancia e o Vic a dous, a catro xornadas de finalizar o campionato.

Os galegos venceron sen problemas o GEiEG Girona por 5-2, mentres que o Barcelona non pasou apuros en Reus (2-5) e o Vic goleou en casa o Vilanova (7-3), resultados que manteñen o podio da clasificación da mesma forma que nas últimas xornadas.

Salvación do Cerceda
Por outra banda, na súa particular guerra, o Patín Cerceda deu un gran paso adiante na loita pola permanencia cunha axustada vitoria na pista do Maçanet, rival directo (3-4). O pechacancelas, Vilafranca, está a piques de se despedir da categoría logo de perder na casa co Lloret (1-2), e o Lleida podería seguir os seus pasos após a súa derrota en Alcoi (4-3).


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: