Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
ELECCIÓNS PRIMARIAS

O PSUV escolleu candidatos cunha abstención de 62%

A vicepresidenta do Partido Socialista Unido de Venezuela, Cilia Flores, Deu os resultados das eleccións primarias do 2 de maio e anunciou que votaron 2.539.852 membros. Destas primarias sairán os candidatos para as eleccións lexislativas de setembro de 2010. 
 
 

Xurxo Martínez Crespo - 19:46 04/05/2010

Malia a abaraiante pouca participación, a vicepresidenta Cilia Flores felicitou á militancia pola participación nas eleccións das que dixo: "con estas eleccións o PSUV convértese no partido máis democrático."

Flores informou que Aristóbulo Istúriz e Freddy Bernal resultaron eleitos polo circuíto 1 do Distrito Capital.Robert Serra gañou o circuíto 2, mentres que Andreína Tarazone, quedouse co circuíto 3. Polo circuíto 4 resultou electo Jesús Farías e polo circuíto 5, Darío Vivas.

Despois de ler os nomes dos candidatos eleitos polo Distrito Capital, Flores anunciou o resultado de cada un dos estados.

 


Ligazóns

4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: