Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SECTOR FINANCEIRO

Facenda anuncia un principio de acordo na fusión das caixas

Na reunión entre a Xunta, as caixas e o Banco de España páctase un consello de administración equilibrado, que terá que ser referendado polas respectivas equipas directivas en 48 horas.

Redacción - 21:20 05/05/2010

“Un importante acordo que permite desbloquear a fusión das caixas”. Así anunciou a conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, o pacto acadado polos representantes de ambas entidades para a conformación dun “consello de administración equilibrado e paritario”. Foi na xuntanza celebrada na tarde deste mércores entre Caixanova e Caixa Galicia, a Consellería de Facenda e o Banco de España.

Currás falou explicitamente dun “desbloqueo sobre a gobernanza” da futura entidade fusionada, cun consello de Administración que contará cun 50% de representantes de cada caixa. Porén, non despexou ningunha outra incógnita, como quen ocupará os principais cargos da nova entidade, cal será a súa sede ou canto se prolongará o período de transición cara esa fusión. Precisamente, adiantou que agora serán os consellos de administración respectivos, que terán que referendar o acordo en 48 horas, quen decida sobre o reparto dos órganos de goberno, as sedes e os tempos.


2.67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: