Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
SON CASE 3000 OS XUBILADOS

Autoridades da Seguridade Social venezuelana visitarán o Estado español

Funcionarios do Instituto Venezolano de los Seguros Sociales (IVSS) visitarán o Estado español para revisar a atención aos xubilados venezuelanos, actualizar datos e informar a futuros pensionistas.

Xurxo Martínez Crespo - 16:03 10/05/2010

Funcionarios do IVSS visitarán do 17 ao 21 de maio os consulados de Madrid, Vigo e Tenerife co obxectivo de deseñar un operativo especial de atención aos xubilados venezuelanos que residen no Estado español, segundo informou a embaixada de Venezuela en Madrid através dun comunicado.

O director xeral de Afiliación e Prestacións en Diñeiro do Instituto Venezolano dos Seguros Sociais, Abel Mercado, explicou que o propósito desta visita a varias localidades do Estado español é actualizar os datos dos pensionistas nos consulados indicados. Nestes momentos, o convenio bilateral entre o Estado español e Venezuela beneficia a 2802 pensionistas, dos que 459 deben pór ao día os seus datos. Cómpre salientar que debido ao control de cambio en Venezuela, a República de Venezuela só está enviando as pensións en divisas cara ao Estado español, e non cara a Italia e Portugal, países cunha grande colonia de venezuelanos xubilados de orixe italiana e portuguesa.

Abel Mercado recibirá as novas solicitudes de adhesión a este convenio e a documentación necesaria para realizar os trámites, asesorarando aos novos pensionistas que desexen información. Mercado terá unha xuntanza con representantes do Banco Santander, entidade financeira que se encarga do pagamento das pensións venezuelanas no Estado español.


Ligazóns

4,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: